Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole organiza un almorzo tecnolóxico sobre facturación electrónica no marco do proxecto europeo ER-INNOVA

Tecnópole organiza o próximo 10 de novembro, no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, un almorzo tecnolóxico dirixido a empresas do sector das enerxías renovables baixo o lema 'Mellora a túa actividade empresarial. Factura electronicamente'. O encontro terá lugar ás 10.30 no Edificio CEI e a asistencia é gratuíta, logo de inscrición.

Invest in Spain preséntase ante as empresas de Tecnópole

Un grupo de empresarios de Tecnópole asistiu a pasada semana a unha reunión de traballo con representantes de Invest Spain no que se informou sobre as oportunidades de financiamento que supón este instrumento europeo ligado ao Fondo Tecnolóxico.

Tecnópole celebra a quinta edición do seu magosto

Os traballadores de empresas e centros tecnolóxicos, xunto cos seus familiares e amigos, están citados un ano máis ao magosto de Tecnópole, que terá lugar o próximo xoves 3 de novembro.
 
A cita é na Rúa de Vigo, 6 (en fronte da nave de T-Solar) ás 19 horas, con castañas asadas, chourizos, viño galego e refrescos.
 
A inscrición pode realizarse ata o 1 de novembro en isabel@tecnopole.es.

Contact Comunicación recibe o Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011

A empresa Contact Comunicación, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, foi galardoada o pasado venres co Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011, durante a celebración da ‘XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información’.

O proxecto Nacce potenciará a aparición de 150 novos emprendedores e 50 empresas TIC

A formación e o asesoramento a 150 pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de proxectos comúns e a formación doutros novos 150 emprendedores e 50 empresas en actividades TIC. Estes son os obxectivos que se marca o 'Proxecto Nacce, Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC', que foi presentado o pasado mércores no campus de Ourense da Universidade de Vigo polos seus socios.

A Dirección Xeral de Política da PEME pon en marcha un proxecto piloto para dar soporte a empresas en plan de negocio e financiamento

O Plan de Crecemento Empresarial da Dirección Xeral de Política da PEME puxo en marcha un programa no que colaboran a Empresa Nacional de Innovación, S.A. (ENISA) e a Fundación EOI co obxecto de formar e titorizar as pemes na elaboración do seu plan de empresa. Unha vez rematado, asesoraranos para que poidan presentalo a distintas entidades co fin de solicitar financiamento. Este proxecto piloto durará ata decembro do 2011.

Empresas agroalimentarias galegas e asturianas participan no proxecto Asgaia Innovación

Desenvolver liñas de traballo para cooperar e incrementar os sistemas de xestión das industrias vinculadas ao campo, ademais de ampliar a rede de mercado dos produtos locais, son obxectivos marcados por unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR), mediante a sinatura dun convenio de cooperación con empresas agroalimentarias de Galicia e Asturias que participarán no proxecto da Rede Asturgalega de Industrias Agroalimentarias, coñecido como Asgaia Innovación.

Santander e Telefónica, entre as 40 empresas da UE que máis invisten en I+D

Banco Santander e Telefónica atópanse entre as 40 empresas da UE que máis investiron en investigación e desenvolvemento (I+D) en 2010, segundo un informe publicado pola CE, que tamén pide ás compañías europeas "máis esforzos" destinados á innovación.

Tres empresas españolas desenvolven un pioneiro verniz resistente á calor

Chámase Codel e foi creado con nanopartículas. Resiste un 40% máis a calor que o resto de vernices, polo que se resolve un dos principais problemas de fabricación en mobles de cociña.

O xornal Cinco Días entrega os seus galardóns á innovación empresarial

O diario económico Cinco Días entregou os seus premios á innovación empresarial na súa edición 2011 a Danone, Matarromera e Ecopapel. "Nos tres anos transcorridos dende que se entregaron os primeiros premios, a economía sufriu un auténtico xiro. En 2008 recoñecíase ás empresas que innovaban para garantir o seu futuro, pero a innovación xa non é unha aposta, é esencial. Agora, o verdadeiramente arriscado é non innovar", destacou Cristina Garmendia, ministra de Ciencia e Innovación.

FECYT organiza a segunda edición do curso para Xestores en Valorización Tecnolóxica

Despois do éxito da primeira edición, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) abre a convocatoria para a segunda edición do curso de formación en Xestores en Valorización Tecnolóxica, que comezará a impartirse a partir de febreiro de 2012.

O Goberno prorroga a vixencia do VI Plan Nacional de I+D+i (2008-2011)

O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se prorroga o VI Plan Nacional Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, durante o período 2008-2011, mentres non se aprobe o futuro Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica. O actual plan seguirá en vigor, como mínimo, ata 2012.

Páxinas