Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Paneis solares fabricados en Tecnópole abastecerán 43.000 fogares en India

O grupo T-Solar, instalado no Parque Tecnolóxico de Galicia, anunciou a ampliación do seu programa de expansión internacional coa construción de 61 novos megavatios (MW) en India e Perú. A posta en marcha de senllos proxectos en ambos os dous países supón un investimento conxunto de 156 millóns de euros e converte á compañía galega na primeira española que conecta unha planta solar na península hindú.

Convocadas as axudas do Programa INNTERCONECTA-Galicia para a cooperación estable público-privada en I+D

O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), aprobou a convocatoria de 2012 para a Comunidade Autónoma de Galicia das subvencións destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía.

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia recibe o I Premio Fedit de Innovación 2011

O VI Encontro Fedit de Centros Tecnolóxicos, celebrado en Málaga, serviu de escenario para a entrega do I Premio Fedit de Innovación, que este ano se enmarcou no Ano Internacional da Química 2011. O xurado galardoou a iniciativa titulada ''Deseño sistema catalítico de eliminación de contaminantes en vehículos diésel'', presentada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Galicia lidera a produción de silicio en España

A Asociación da Industria Fotovoltaica (Asif), integrada na Unión Española Fotovoltaica (Unef), desvelou en Santiago de Compostela a situación da enerxía fotovoltaica en Galicia. Primeira Comunidade Autónoma en produción de silicio, a materia prima básica dos paneis solares, Galicia non aproveitou o despegue experimentado nos últimos anos, pero conta con sobrado potencial para iso.

A Fundación Barrié reúne 150 axentes do Sistema Español de I+D

Empresarios, investigadores, universidades e representantes de sociedades de capital risco e da administración, xunto cunha delegación deste mesmo perfil procedente do Reino Unido, déronse na Oxford Innovation Society (OIS) Meeting and Dinner, un evento que recalou por primeira vez en España nos seus vinte anos de historia de man da Fundación Barrié e de Isis Innovation, a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford.

A CE abre unha convocatoria para proxectos de investigación conxunta no marco do VII PM

A Comisión Europea publicou no seu Diario Oficial (DOUE) do 25 de outubro de 2011 a convocatoria de proposta para o programa de traballo Ideas 2012 do Sétimo Programa Marco (VII PM) para proxectos de investigación conxunta.

Nace un foro para axudar a emprender

En España existen preto de 2600 plataformas diferentes destinadas ao fomento do emprendemento: 42 nacionais, 30 autonómicas e 2502 rexionais e locais. Esta numerosa oferta, en moitas ocasións, en lugar de facilitar os trámites aos que deciden iniciar unha actividade empresarial o que fai é dificultala. Nese contexto nace o Foro Axuda a Emprender, cuxa primeira edición se celebrou no CaixaForum Madrid, patrocinado polo Ministerio de Industria, a Fundación Incyde das Cámaras de Comercio e La Caixa.

O futuro dos dispositivos táctiles

A tecnoloxía coñecida como reflectometría de dominio de tempo (TDR, polas súas siglas en inglés) podería permitir incorporar sensores táctiles a practicamente calquera obxecto. Tradicionalmente utilizouse para localizar danos en cables submarinos, pero nun futuro podería estar presente ata na roupa.

Azulexos luminosos, unha nova forma de iluminar

A lámpada podería ser desprazada por un novo material flexible con forma de folla transparente con díodos no seu interior, que se poden utilizar como azulexos para iluminación, segundo un artigo publicado.

A Fundación COTEC publica un documento sobre as oportunidades que ofrece a innovación en defensa e seguridade

En España máis do 90% dos desenvolvementos tecnolóxicos para a defensa teñen aplicación no sector civil. Estados Unidos, dedicou en 2008 o 56,6% do seu investimento en I+D a defensa e seguridade, Francia o 27,7%, Reino Unido o 21,8%, España o 15,3% e a UE-15 o 11,8%.

Tecnópole mellora de novo o grao de satisfacción das súas empresas

As empresas e entidades situadas en Tecnópole manifestaron un grao medio de satisfacción de 4,28 sobre 5 en relación a todos os servizos e prestacións obtidos en relación á súa presenza no recinto. Esta puntuación supón unha leve melloría con respecto á rexistrada en 2010, de 4,21 puntos.

Parque Tecnolóxico de Galicia pon en marcha un servizo integral de asesoramento profesional en materia tributaria e de dereito privado

En resposta á petición trasladada polas súas empresas, Tecnopole acaba de poñer en marcha un servizo integral de asesoramento profesional en materia tributaria e de dereito privado mediante unha tarifa mensual moi vantaxosa.

Páxinas