Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A UE crea dúas novas asociacións europeas para a innovación

O abastecemento de materias primas, a agricultura sustentable e o envellecemento activo e saudable son tres temas de enorme importancia aos que se enfronta a UE hoxe en día e resulta esencial dar con solucións eficaces os retos que supoñen para fomentar o crecemento e o emprego. Neste sentido, a Comisión Europea desvelou o 29 de febreiro os seus plans de creación de dúas novas asociacións europeas para a innovación (AEI) que contribuirán sobremaneira a solucionar os devanditos retos. Concretamente, unha tratará sobre materias primas e a outra sobre sustentabilidade e produtividade agrícola.

Universidade e empresa únense para construír edificios sustentables

A Universidade de Zaragoza e o Centro de Investigación de Recursos e Consumos Enerxéticos (Circe) liderarán o maior proxecto europeo conseguido ata a data en Aragón. Trátase da iniciativa NEED4B (New Energy Efficient Demostration for Buildings), da que formarán parte un consorcio formado por 16 universidades, empresas e centros tecnolóxicos europeos, cuxo obxectivo  é a construción de edificios sustentables no Vello Continente. A Comisión Europea achegará, dentro do VII Programa Marco de I+D, un total de 9,5 millóns para o financiamento do proxecto, que comprometerá un investimento superior aos 200 millóns.

Biolacas de residuos de tomate para as conservas

Cada ano xéranse uns 300 millóns de toneladas de residuos de tomate na Unión Europea. Escouras que se xeran especialmente pola industria dedicada a producir concentrado de tomate. Na actualidade, as peles e sementes utilízanse basicamente para alimentar o gando. O resto, a gran maioría, hai que eliminalo, co conseguinte custo.

Unha lámpada para toda a vida

A empresa española OEP Electrics desenvolveu unha tecnoloxía especial enfocada a fabricar unha liña de iluminación aplicada á tecnoloxía LED que ten unha duración de por vida.

Os retos da 'química verde'

Os alquimistas de antano soñaban con transformar calquera metal en ouro. Para os químicos actuais a meta non é menos valiosa: que os procesos químicos máis comúns deixen de xerar residuos contaminantes.

Tecnópole celebra o seu primeiro workshop sectorial centrado na biotecnoloxía

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra o próximo 14 de marzo o seu primeiro workshop centrado no ámbito da biotecnoloxía. Nel daranse cita empresas e entidades para asistir a unha serie de relatorios especializados e coa opción de participar en roldas de contactos e coñecer o laboratorio de biotecnoloxía de Tecnópole. A asistencia é gratuíta e o prazo de inscrición está aberto a empresas e entidades de toda España.

O II Afterwork Emprega Talento reúne a máis de 150 mozos e directivos en Tecnópole

O II Afterwork Emprega Talento, "Emprendemento, valores e liderado,", congregou este martes a máis de 150 mozos e directivos no Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole. Durante a xornada falouse dos valores do deporte na empresa e o emprendemento no sistema educativo e debateuse sobre que buscan as empresas nos mozos e viceversa. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, coa colaboración de Tecnópole, ten por finalidade crear un espazo de networking e intercambio de talento entre mozos e directivos.

Unha quincena de empresarios de Tecnópole comparten un xantar-coloquio con Paco Muro sobre o impacto da calidade directiva en tempos de crise

Unha quincena de empresarios de Tecnópole compartiron a semana pasada un xantar-coloquio co presidente executivo de Otto Walter, Paco Muro, sobre o impacto da calidade directiva en tempos de crise. Este encontro, propiciado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), permitiu aos empresarios coñecer as actitudes máis axeitadas para enfrontar a súa función como directivos en situacións de dificultade como a actual.

Tecnópole acollerá na súa preincubadora a idea gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster de Innovación da Uvigo

A idea de negocio que resulte gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo poderá desenvolverse na preincubadora de Tecnópole. O proxecto vencedor presentarase este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

Economía e Industria concederá tres millóns de euros en axudas para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos

A Consellería de Economía e Industria convocou axudas por preto de tres millóns de euros para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos.

Unha empresa de prótese á medida para animais gana a segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores da Universidade de Vigo

Unha empresa dedicada ás próteses á medida para animais foi a vencedora da segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores que outorga a Universidade de Vigo.

A metade das empresas españolas máis innovadoras basea os seus novos produtos en ideas da competencia

Preto da metade das empresas máis innovadoras en España basea os seus novos produtos en ideas que xa foron desenvolvidas pola competencia, segundo sinala un estudo da Universidade Pablo de Olavide. A análise, que se levou a cabo sobre unha base de 400 empresas de sectores como a química, as telecomunicacións e o automóbil, destaca que só o 7,5% centra o seu negocio na xeración de innovación dentro da propia compañía.

Páxinas