Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Pisadas luminosas e xeradoras de enerxía 40 veces máis eficiente que solar

Unha tecnoloxía a partir dunhas novidosas baldosas deseñadas con materiais reciclables, presentada en Madrid, converte a enerxía cinética das pisadas en enerxía renovable, cunha eficiencia corenta veces superior á solar.

Crean un novo material case insomerxible

Un material novo e asombroso foi presentado durante o encontro anual da Asociación Americana de Química, unha importante sociedade científica que se reúne en San Diego (California). Trátase dunha das substancias sólidas máis lixeiras do mundo, pero tan resistente e forte que se se empregasen menos de 500 gramos para construír un barco sería capaz de soportar 453 quilos -o que pesan cinco frigoríficos- sen afundirse.

A 'nube persoal' substituirá o ordenador tradicional en 2014

O reinado do ordenador persoal, como o dispositivo de acceso social exclusivo, está a chegar a súa fin. Para o ano 2014, a nube substituirá o ordenador persoal no centro da vida dos usuarios dixitais, de acordo á investigación da consultora Gartner.

Tecnópole oferta xa o seu novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía a empresas e centros de toda España

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole presentou este mércores a preto dun cento de empresarios e investigadores galegos do sector da biotecnoloxía o seu novo laboratorio especializado, aberto ao uso de empresas e centros de toda España baixo unhas condicións de uso sen precedentes, segundo se conclúe da análise realizada sobre instalacións destas características de todo o Estado.

Dúas empresas de Tecnópole figuran no libro de 20 casos de éxito en innovación editado pola Xunta

Conexiona Telecom e Formato Verde son dúas das vinte empresas galegas destacadas como casos de éxito en innovación no libro editado pola Xunta de Galicia e presentado no marco dunha xornada celebrada na Coruña.

Un total de 450 estudantes participan na primeira xornada do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas'!

Un total de 450 estudantes participaron nas tres sesións celebradas en Tecnópole como inicio da xira do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas!', actividade programada para todo o mes de marzo tras o éxito obtido por 'Ciencia ou ficción '? durante o mes de febreiro. Este espectáculo, promovido pola Consellería de Economía e Industria e organizado por Tecnópole e Fundación Barrié, chegará ao longo das próximas semanas a máis de 2000 rapaces e rapazas en Santiago, Ferrol Vigo, despois de pasar por Ourense e Lugo.

Un laboratorio próximo a instalarse en Tecnópole ofrece próteses dentais gratuítas a pacientes portugueses

O laboratorio Estética Dental López, que ultima os trámites para comezar a construción da súa nave en Tecnópole, está a levar a cabo un proxecto solidario coa ONG portuguesa Mundo a Sorrir para ofrecer dez próteses dentais cada mes a persoas sen recursos.

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanza en febreiro a ocupación total

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanzou en febreiro o cen por cento de ocupación con todos os seus niños -un total de 16- a pleno uso. O incremento da actividade neste centro deixouse sentir tamén nas solicitudes de espazo, con dous proxectos máis en lista de espera que aínda están pendentes do Comité de Valoración.

Arrancan os trámites para a aprobación da nova Lei de Investigación e Innovación de Galicia

O anteproxecto de Lei de Fomento da Investigación e a Innovación en Galicia iniciou o seu período de exposición pública, durante o cal estará aberto a alegacións antes de iniciar o trámite parlamentario.

O IGAPE convoca axudas á internacionalización das empresas galegas

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocou as súas axudas para a internacionalización das empresas galegas.

Aimen deseña un innovador dispositivo de fabricación de pezas con múltiples aplicacións en diferentes sectores industriais

O centro tecnolóxico Aimen desenvolveu un sistema pioneiro para o mecanizado de materiais brandos, baseándose nunha cela robotizada que posibilita a fabricación de prototipos de gran tamaño en distintos soportes (porexpan, escumas de poliuretano, foam, resina de alta densidade, madeira, etc.), que pode ser aplicado en diferentes sectores industriais, como o aeroespacial, a automoción, o naval, o sanitario ou o madeireiro, entre outros.

O Senado emitirá un informe con medidas de apoio á I+D+i das pemes

O Senado acordou a creación dun relatorio de estudo para que emita un informe con medidas de apoio á tarefa de investigación e desenvolvemento que realizan as pequenas e medianas empresas. Este relatorio, segundo o acordado por todos os grupos, crearase no seo da Comisión de Economía e Competitividade.

Páxinas