Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Aberto o prazo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole

As empresas e centros tecnolóxicos do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen de prazo ata o 4 de marzo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole, dirixida a impulsar iniciativas conxuntas de I+D+i con grupos de investigación da Universidade de Vigo.

A inscripción ao encontro empresarial sobre innovación aberta organizado pola Tecnópole péchase por límite de aforo

Máis de 150 empresarios e investigadores de toda Galicia daranse cita na Tecnópole para practicar a innovación aberta durante o encuentro que se celebrará este próximo vendes día 22 e cuca inscrición se pechou por límite de aforo.

Os Espectáculos de ciencia de Tecnópole e a Fundación Barrié volven coa previsión de chegar a máis de 6000 estudantes de toda Galicia

Máis de 6000 estudantes en total participarán nos Espectáculos de ciencia que Tecnópole e Fundación Barrié organizarán por toda Galicia durante os próximos catro meses. O primeiro deles, titulado 'O cerebro. 15 W de potencia', celebrouse o pasado venres en Ourense con tres sesións nas que participaron 465 estudantes e repetirase os próximos días en Lugo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Os parques científicos e tecnolóxicos e as súas empresas supoñen o 47% das entidades participantes no segundo foro Transfiere

Representantes de 28 parques científicos e tecnolóxicos, entre os que se atopaba Tecnópole, asistiron á segunda edición do Foro Transfiere, o evento sobre transferencia tecnolóxica celebrado en Málaga a pasada semana.

O clúster galego Bioga fíxase para 2013 fortalecer o seu financiamento e o seu proceso de internacionalización

As empresas integradas en Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida de Galicia, afrontan o ano 2013 co obxectivo de fortalecer os seus instrumentos de financiamento e o proceso de internacionalización no que están inmersas. A formación e o impulso do I+D+i serán, segundo explica esta entidade, os outros piares sobre os que baseará as actividades e iniciativas que desenvolverá o sector nos próximos meses.

As tres Universidades galegas constitúen o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial

Os reitores das tres Universidades galegas asinaron recentemente o convenio de colaboración para a constitución do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Este consorcio supón un fito importante de agregación de recursos entre as tres universidades para promover a transferencia da tecnoloxía matemática e dar respostas eficaces e áxiles ás demandas das empresas, das industrias e das administracións públicas.

Expertos en intelixencia competitiva recomendan a máis dun centenar de pemes galegas investigar e interpretar o mercado antes de lanzar o seu produto

O Centro de Excelencia de Vigo celebrou o pasado venres o foro "A intelixencia competitiva. Un piar fundamental para a innovación empresarial", cuxo obxectivo principal foi dar a coñecer ás pemes galegas unha nova forma de pensar e actuar baseada na vixilancia tecnolóxica e a intelixencia competitiva.

Un equipo de telediagnóstico cardiolóxico deseñado en Vigo fabricarase en Silicon Valley

A firma viguesa ImaxDi acaba de alcanzar un acordo coa compañía SMTC de San José (Silicon Valley) para a fabricación dun sistema de telediagnóstico, denominado MBeat, que desenvolveu despois de traballar con enxeñeiros de telecomunicacións e de informática da Universidade de Vigo e con cardiólogos do Hospital do Meixueiro.

O ICEX convoca de novo as axudas ICEX Next ás pemes non exportadoras

O Instituto de Comercio Exterior (ICEX) acaba de convocar as súas axudas de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional, no marco do programa ICEX Next.

Vodafone convoca a sétima edición dos Premios á Innovación en Telecomunicacións

A Fundación Vodafone España convocou a VII Edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións, creados hai sete anos co obxectivo de servir como incentivo ao desenvolvemento de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade.

23 proxectos innovadores de enerxías renovables adxudícanse 1200 millóns de euros

Nos últimos anos, as enerxías renovables ampliaron o seu ámbito de acción máis alá da enerxía solar e eólica para abranguer multitude de subsectores. Reflectindo esta diversidade, adxudicouse un financiamento de 1200 millóns de euros a repartir entre 23 proxectos innovadores de demostración de enerxías renovables que se levarán cabo en 16 Estados membros da UE.

As TIC para discapacitados supoñen un volume de negocio de 1300 millóns

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación supoñen un mercado potencial por valor de 1300 millóns de euros segundo se desprende do informe 'Mercado e oportunidades de negocio das TIC accesibles en España' da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC).

Páxinas