Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Un brazo robótico dotado de tacto e delicadeza, ao estilo europeo

O último logro da ciencia europea é unha man robótica capaz de soster e agarrar botellas e vasos. Esta novidosa 'man amiga' é froito do proxecto DEXMART (Manipulación robótica dual brazo/man destra e autónoma con destrezas sensoriomotoras intelixentes: unha ponte entre a cognición natural e a artificial), financiado con 6,3 millóns de euros mediante o Sétimo Programa Marco (7PM) da Unión Europea.

A enerxía xeotérmica aínda sortea numerosos obstáculos para o seu despegue

Os asistentes ao III Congreso de Enerxía Xeotérmica na Edificación e na Industria avogaron por unha regulamentación común para o territorio nacional e, deste modo, poder fomentala.

A realidade aumentada e os videoxogos serán técnicas comúns para aprender na Universidade Os teléfonos móbiles e os libros electrónicos son obxectos habituais na maioría das universidades. Pero quedarán como as regras de cálculo de hai uns anos ante o ca

Os teléfonos móbiles e os libros electrónicos son obxectos habituais na maioría das universidades. Pero quedarán como as regras de cálculo de hai uns anos ante o cambio que se aveciña, segundo avanza nun informe a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos.

O espectáculo de ciencia 'Forzas e enerxía' inicia a súa xira galega en Ourense coa asistencia de 350 escolares

Un total de 350 estudantes participaron nas tres sesións celebradas a semana pasada en Tecnópole como inicio da xira do espectáculo de ciencia 'Forzas e enerxía', actividade programada para todo o mes de abril e que xa pasou tamén por Lugo e Santiago.

Egatel participa en NAB por undécimo ano consecutivo

A empresa de Tecnópole Egatel estivo presente na última edición da feira NAB, que tivo lugar nas Vegas a semana pasada. Esta feira conta con máis de 90.000 profesionais de 150 países e máis de 1500 compañías expositoras. Egatel presentou no seu stand novas configuracións da gama de transmisores UHF de alta potencia con refrixeración líquida (serie TLE6800), así como sistemas en media potencia refrixerados por aire capaces de entregar ata 2,4 kW en DVB/ISDB.

Economía e Industria convoca axudas á innovación empresarial por un total de 12,5 millóns de euros

A Consellería de Economía e Industria acaba de convocar as súas axudas á innovación empresarial, centradas en fomentar a investigación e a innovación empresarial e incentivar os investimentos innovadores, por un total de 12,5 millóns de euros. As bases da concorrencia a estas subvencións foron publicadas no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril e o prazo de presentación permanecerá aberto ata o 18 de maio.

Un novo portal electrónico apoia o emprendemento no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación

A Consellería de Economía e Industria promove o emprendemento no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) mediante un novo portal específico, a páxina Obxectivo Emprendemento TIC.

Ourense gaña o premio "Google cidade dixital"

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, recibiu o xoves 19 de abril o premio "Google cidade dixital", que distingue a aquelas localidades españolas que favorecen, a través de distintas iniciativas, a presenza das pequenas e medianas empresas en Internet e a utilización das novas tecnoloxías como ferramentas para a xestión dos negocios.

Garantía recíproca, outra vía para sacar adiante un proxecto emprendedor

Aforros, amigos e familiares, bancos, business angels, fondos de capital risco... Son as portas que se tocan habitualmente á hora de conseguir financiamento para crear unha empresa. Pero os emprendedores tamén dispoñen doutras alternativas tradicionais das que obter capital externo ou, simplemente, avalar a petición dun empréstito. Son as sociedades de garantía recíproca, unha opción en auxe neste período de crise de liquidez.

Desenvolven un tecido intelixente que axuda a diagnosticar o estado de saúde

Investigadores da Universidade Rovira i Virgili (URV) desenvolveron un tecido intelixente que diagnostica o estado da saúde da persoa que o viste grazas a unha tinguidura de nanotubos de carbono que converte á peza de roupa nun condutor eléctrico capaz de detectar substancias químicas.

Presentada unha estación de recarga de vehículos eléctricos que reduce o tempo de carga a vinte minutos

A empresa Ingeteam desenvolveu a tecnoloxía necesaria para implementar a carga rápida para os vehículos eléctricos. O prototipo presentouse hai dúas semanas en Madrid e permite reducir o tempo de carga de 5 horas a 20 minutos. Os equipos estanse a desenvolver segundo o estándar industrial CHAdeMO e as primeiras unidades sairán á venda despois de verán.

Os países emerxentes gastarán máis de 900.000 millóns de euros en Tecnoloxías da Información

China, Brasil, Rusia, India e México moverán durante este ano un 17% do mercado global, valorado en 493.000 millóns de euros. Segundo un estudo da consultora Gartner, os países emerxentes contan cos mercados de Tecnoloxías da Información (TI) máis dinámicos, sendo os que máis crezan no transcurso de 2012. Só durante este ano, os ditos mercados gastarán máis de 1,22 billóns de dólares (uns 910.000 millóns de euros) nas devanditas tecnoloxías, copando un 31% do mercado global.

Páxinas