H&M Foundation destinará un millón de euros a ideas de innovación dixital que reinventen a industria da moda

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

H&M Foudation lanza a súa cuarta edición do seu premio anual da innovación, o Global Change Award, ao que destinará un millón de euros a aquelas ideas que reinventen a industria da moda no seu conxunto, cunha mención especial á innovación dixital, segundo informou a compañía nun comunicado.

O Global Change Award é coñecido como 'Premio Nobel da moda', brinda un sólido financiamento e un programa de 'coaching' dun ano de duración a aqueles innovadores que dean con solucións que impulsen o cambio cara a unha industria da moda circular, protexendo así o planeta e as condicións de vida.

Este ano, a organización sen ánimo de lucro puxo o foco das ideas dentro do sector da dixitalización. O período para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 17 de outubro.

"As ideas novas son a base do cambio, pero reproducilas supón un enorme reto para calquera innovador". "Estamos desexosos de dar a benvida a cinco novos heroes do modelo circular e animamos a participar a todo aquel que queira contribuír a reinventar unha das industrias máis importantes do mundo", sinalou Johan Persson o conselleiro delegado de H&M e membro da xunta da H&M Foundation.

O responsable de innovación de H&M Foundation, Erik Bang, explicou que nesta edición se apostará por innovacións dixitais que "poden ter un impacto significativo na eficiencia, a planificación e o uso dos recursos dende a produción de materias primas ata o final da vida útil dunha garantía".

(Fonte: El Economista)