A Xunta porá en marcha a certificación galega de excelencia en igualdade, unha marca que ultima no seo do diálogo social para distinguir ás empresas galegas comprometidas coa igualdade entre mulleres e homes e que fomenten o benestar laboral entre os seus traballadores. Trátase dun recoñecemento público ás compañías que sexan exemplo de boas prácticas neste ámbito.
Os requisitos básicos para acceder a esta marca xa foron acordados, sendo un dos seus eixos centrais lograr a eliminación da discriminación salarial nos postos de traballo. Así, para acceder á marca, esixirase que as compañías acrediten no período de vixencia da certificación a igualdade de retribución por traballos de igual valor.
Outra das condicións será que as empresas leven a cabo unha formación mínima de oito horas en igualdade laboral entre as persoas con responsabilidade na empresa, integrantes das comisións negociadoras e de seguimento.
Fonte: El Correo Gallego