Greenalia, a por cimentacións flotantes ‘made in Galicia’ para a eólica mariña

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Greenalia é unha das compañías que nunca escondeu que pretende aproveitar o inmenso potencial da eólica mariña en Galicia. O seu presidente, Manuel García, avanzou a súa proposta para impulsar, xunto con diferentes socios, un proxecto de fabricación e ensamblaxe de cimentacións flotantes en Galicia en paralelo ao desenvolvemento desta fonte nas costas. O plan xa foi trasladado pola compañía ao Ministerio de Transición Ecolóxica a través dun manifesto de interese na última convocatoria aberta pola administración central, informan fontes da compañía enerxética.

“Este desenvolvemento industrial permitiría situar a España como referencia na construción destes compoñentes nun momento de claro impulso a esta tecnoloxía en todo o mundo”, explicou o responsable de Greenalia. García cre que, dado que o 26% das patentes destas cimentacións flotantes para eólica mariña son españolas, xunto a que Greenalia tramita xa cinco parques eólicos mariños en Canarias, “ábrense posibilidades reais para a industria de avanzar na posta en marcha de procesos de fabricación a nivel comercial deste tipo de cimentacións”.

A posta en marcha deste proxecto permitirá, segundo o CEO de Greenalia, despegar esta tecnoloxía non só nas Illas Canarias ou Galicia, zonas de gran recurso eólico, senón ademais alcanzar maior independencia enerxética, cumprir cos obxectivos de xeración de enerxía renovable, crear unha bolsa de emprego cualificado e situar a España como líder do sector.

Para o deseño, creación e posta en marcha deste proxecto, Greenalia apóiase en distintos socios estratéxicos con experiencia en cada unha das áreas. En canto a unha segunda fase centrada na ensamblaxe e a fabricación das cimentacións, os mellores emprazamentos posibles a nivel europeo para este tipo de proxectos son os portos exteriores da Coruña e Ferrol, subliñou García, o que á súa vez tería unha gran repercusión na contorna das áreas portuarias e nos emprazamentos das factorías.

Fonte: El Correo Gallego