Grandes empresas galegas impulsan a dixitalización de 3700 pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As catro empresas tractoras socias de DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH, nas súas siglas en inglés) -Grupo Zendal, Finsa, Televés e Vodafone- suman os seus esforzos para a transformación dixital dunhas 3700 pemes galegas do sector primario e de alimentación, a biotecnoloxía, e as cadeas de valor do ámbito forestal e da saúde.

«As empresas tractoras fomentamos o crecemento e desenvolvemento económico e xeramos un efecto multiplicador e de innovación sobre a actividade produtiva na que desenvolvemos a nosa actividade», explica Pablo Álvarez Freire, director xeral do Grupo Zendal, a compañía do Porriño que lidera este proxecto.

DATAlife Hub de Innovación Dixital, con sede en Santiago de Compostela, nace para converter Galicia en biorrexión de referencia en Europa a través da conexión, coordinación e creación de sinerxías entre os axentes do ecosistema de innovación e os sectores produtivos. DATAlife proponse facilitar a incorporación da intelixencia artificial e a analítica de datos nas pemes galegas dos sectores ligados ás ciencias da vida.

DATAlife está ao servizo das pemes galegas para mellorar a súa competitividade, permitíndolles aproveitar as vantaxes das tecnoloxías dixitais para vender máis, mellorar a súa conta de resultados, ser máis eficientes e competir con maiores garantías nunha contorna cada vez máis global, ademais de procurar un acceso ao financiamento dos seus proxectos.

Fonte: La Voz de Galicia