Goodyear presenta un pneumático capaz de xerar electricidade por si mesmo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O fabricante Goodyear presentou un pneumático capaz de xerar electricidade por si mesmo, deseñado no seu centro de innovación de Luxemburgo. A enerxía xerada encárgase de alimentar as baterías do sistema de propulsión híbrido e doutros elementos tecnolóxicos do automóbil.

Se por algo destaca é pola súa capacidade de transformar as deformacións e as vibracións que se xeran en enerxía eléctrica e máis nun mercado no que o interese polos coches eléctricos non deixa de aumentar. Este pneumático é tan só un prototipo e, segundo explicou a compañía, neste momento non existen plans de lanzalo ao mercado.

"A Nosa preocupación polo uso da enerxía e o coidado do medio ambiente foi o que nos levou a desenvolver este prototipo de pneumático capaz de xerar enerxía. Toda idea revolucionaria nace dun reto de tipo social ao que queremos dar resposta para construír un futuro mellor. Estamos convencidos de que este pneumático servirá de inspiración e que os coñecementos que encerra se verán reflectidos nos avances que se produzan no futuro", destacou Jean-Pierre Jeusette, director xeral do Centro de Innovación de Goodyear en Luxemburgo, país elixido para desenvolver este prototipo.

O pneumático é capaz de xerar enerxía grazas á utilización de dous tipos de materiais. O primeiro deles, o termoeléctrico, é o encargado de transformar a calor xerada no interior do pneumático (en condicións estáticas pola textura ultranegra, a partir da luz e a calor absorbidos, ou pola rodaxe cando está en movemento) en enerxía eléctrica. Pola súa banda, o material piezoeléctrico converte a presión xerada pola deformación da estrutura e as vibracións, en enerxía eléctrica.

Ambos os dous materiais forman unha rede 3D que conforma a estrutura interna do pneumático, segundo informou a compañía nun comunicado no que ademais, explicaron que esta estrutura podería soportar o peso do vehículo se o pneumático se pica, o que supón un achegamento alternativo á tecnoloxía RunOnFlat.

O pneumático conta cunha ampla canle circunferencial que mellora a resistencia ao aquaplaning e incorpora unha banda especial para absorber o ruído.

(Fonte: Europa Press)