Galiciencia 2012 estrea a súa páxina oficial en Facebook

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A feira científica organizada por Tecnópole, Galiciencia, acaba de estrear a súa primeira páxina oficial en Facebook.
 
A cronoloxía da páxina será un diario de a bordo para a organización da maior feira científica de Galicia, que chega á súa sexta edición grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt).
 
Todos os preparativos de Galiciencia iranse relatando puntualmente a través desta rede social mediante fotografías, vídeos e actualizacións de estado. Durante os tres días de celebración do evento, a páxina “retransmitirá” en directo o que ocorra na carpa da exposición de proxectos, nos talleres científicos e na redacción da revista oficial.
 
(Fonte: Tecnópole)