Galicia utilizará drons para erradicar a pesca furtiva (Aerocamaras)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os gardapescas da Confraría de Pescadores de “San Martiño” do Grove estanse a formar como pilotos de dron para facer fronte á pesca e marisqueo ilegal, unha actividade que supón multas de até os 60.000 euros e até catro meses de prisión. A través de Aerocamaras, compañía galega especializada no desenvolvemento de vehículos non tripulados e solucións tecnolóxicas para estes equipos, os gardas están a recibir a formación necesaria para certificarse e poder implementar drons no control e vixilancia da pesca furtiva.

Esta formación foi impartida “a medida” para este grupo, para que consigan “unha experiencia inmersiva e ensaien na súa contorna real de traballo” cos drons, explican desde Aerocamaras. Durante a fase práctica, un instrutor experto de Aerocamaras adéstraos para manexar con destreza os mandos da aeronave e que aprendan manobras que lles serán útiles nas súas tarefas de vixilancia. Con esta formación obterán a certificación de AESA que lles habilita como pilotos de drons profesionais e poderán comezar a traballar con esta tecnoloxía nas súas patrullas de garda.

“Estes vixiantes teñen que lidar diariamente con decenas de furtivos que non respectan cotos nin cotas de pesca. Cóanse entre as rochas para arrincar e vender ilegalmente marisco, como percebes, esnaquizando o seu hábitat natural. Ocorre o mesmo coas ameixas ou navallas, os furtivos non teñen en conta o seu tamaño, captúranas sendo pequenas e non as deixan medrar, o que podería levar no futuro a un problema ambiental”, detallan.

Por este motivo, os drons preséntanse como unha solución para facer fronte a esta loita, xa que lles permitirá exercer un mellor control sobre os distintos bancos marisqueiros. Jaime Pereira, CEO de Aerocamaras, afirma que “a formación daralles aos gardapescas os coñecementos e a destreza necesaria para que poidan implementar drons na súa vixilancia. Tamén mellorarán a eficiencia dos seus rastrexos, posto que con estas aeronaves poden facer un control aéreo exhaustivo en poucos minutos e abranguendo unha maior cantidade de terreo, incluíndo zonas rochosas onde a vixilancia a pé é complexa”.

Fonte: 20bits