Galicia, sexta comunidade con menor caída de I+D en empresas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O gasto en innovación tecnolóxica, que mide as actividades de I+D no sector empresarial, baixou un 11,8% en 2011 en Galicia en relación con 2010, ata os 552,3 millóns de euros. Se ben a diminución na comunidade galega supera a media, que quedou nun 8,8%, é a sexta autonomía na que menos descendeu o nivel de gasto neste apartado.

¿Que comunidades sufriron caídas máis pronunciadas? Estremadura en primeiro lugar, cun descenso do 51,6%, Canarias, Murcia, Cantabria e Navarra. Na outra cara da moeda, País Vasco incrementou o investimento un 6% e Asturias un 4,8%.

O descenso de Galicia é tres puntos superior ao do conxunto do Estado, onde o gasto alcanzou os 14.756 millóns. Segundo a enquisa sobre innovación do Instituto Nacional de Estatística (INE), os 552,3 millóns de euros que corresponden á innovación empresarial de Galicia representan un 3,7% do gasto total, unha porcentaxe moi inferior ao 36,2% que acapara Madrid e ao 23,1% de Cataluña. Galicia conta con 2557 empresas innovadoras, un 28,3% do total estatal. Dese total, 1643 (un 18,2% do total) fai innovación de produtos ou procesos e 1857 (o 20,5%) realizaron I+D en organización e comercialización.

(Fonte: Faro de Vigo)