Galicia prepárase para acoller o seu primeiro parque experimental de enerxía undimotriz

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A Xunta de Galicia busca situación para o que será o primeiro parque experimental de enerxía undimotriz da comunidade. O director do Instituto de Enerxía de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez, visitou estes días o porto de Cariño, onde están a punto de finalizar as obras de construción da planta de fabricación de boias da compañía Galicia Mar Renovables.

A construción desta fábrica, de 1600 metros cadrados, recibiu a concesión o pasado mes de febreiro e ten un prazo de execución de oito meses, polo que debería estar rematada este mesmo ano. Unha vez finalizada a nave, terá unha capacidade produtiva de 25 boias ao ano e os primeiros aparatos estarán destinados á creación dun parque experimental de 10 MW/h.

Nesta planta de produción realizarase a ensamblaxe das boias que aproveitan o movemento das ondas para xerar enerxía, e cuxa distribución se realizará por vía marítima, xa que os sistemas miden seis metros de diámetro, sete de altura e pesan ao redor de cinco toneladas, o que impide o seu traslado por terra.

Cada boia ten unha capacidade de xeración enerxética de 1 MWh con ondas de entre 1 e 3 metros, o que suporía obter enerxía abonda para abastecer ao redor de 1200 familias durante un ano. Para poder levar a cabo o proxecto, a empresa de enerxía conta con axudas do Plan Ferrol 2011 para a fase de consolidación do proxecto e que supoñen un investimento de 1,99 millóns euros.

(Fonte: Energías Renovables)