Galicia poderá producir 100.000 toneladas de hidróxeno verde ao ano

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As enerxías renovables serán fundamentais no futuro, e, de feito, xa o son tamén no noso presente. Nun mercado cos prezos da electricidade tan disparados como o actual, sumido na crise dos combustibles fósiles e cuxo obxectivo é contaminar o menos posible, é evidente que hai que buscar formas de manter o noso modo de vida que pasen por alternativas máis respectuosas co medio ambiente (e tamén co peto).

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avanzou que a nova Axenda Enerxética de Galicia prevé a creación dun Hub de hidróxeno verde que vai permitir obter preto de 100.000 toneladas ao ano desta fonte de enerxía para o seu uso na industria, a mobilidade e o almacenamento ou a coxeneración. Todo un abano de formas de emprego para unha mesma fonte de enerxía. Conde destacou que máis do 74% da enerxía eléctrica producida en Galicia actualmente é con fontes renovables, polo que xa cumpre o obxectivo marcado a nivel estatal para o ano 2030.

Sustentabilidade como sinónimo de competitividade

O vicepresidente económico subliñou que as enerxías renovables son necesarias para facilitar a caída do prezo eléctrico, e que para o tecido empresarial e industrial a sustentabilidade é sinónimo de competitividade. Nesta liña, indicou que o obxectivo vai estar en impulsar a participación do sector industrial na cadea de valor da economía do hidróxeno e en potenciar a I+D+i enerxética na comunidade galega.

A maior oportunidade para o desenvolvemento desta tecnoloxía renovable vai estar, segundo precisou, no Perte de Enerxías Renovables para o que Galicia, despois da manifestación de interese convocada hai un ano, conta cunha candidatura de 51 proxectos que suman un investimento público-privada de máis de 3800 millóns de euros.

Fonte: El Correo Gallego