Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), celebrou a súa 18ª edición baixo o lema “Aeronáutica e Aeroespacial”. A súa finalidade é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.
A biotecnolóxica galega Qubiotech Health Intelligence, con sede na Coruña, vén de pechar con éxito unha rolda de financiamento dando entrada no seu accionariado aos fondos especializados Sémola Tech Ventures e Nowture. Qubiotech dedícase ao desenvolvemento e comercialización de software para mellorar o diagnóstico e seguimento de enfermidades neurodexenerativas a través do procesamento de imaxes baseado na Intelixencia Artificial (IA).
A empresa Coballes do Rosal foi seleccionada xunto con outras 30 pemes tecnolóxicas galegas para reforzar o proceso de internacionalización baixo o programa Galicia Avanza. Este plan de internacionalización desenvolto pola Xunta de Galicia en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia está dirixido principalmente a pequenas e medianas empresas que prioricen a sustentabilidade e a innovación.
As comunidades enerxéticas son proxectos colectivos de cooperación que implican a persoas, asociacións, empresas ou administracións públicas que se unen para xerar, consumir e xestionar a súa propia enerxía de orixe renovable, baixo un modelo de gobernanza democrática e unha participación aberta e voluntaria. Na provincia de Ourense xa hai algúns proxectos en marcha de concellos e colectivos que ven nesta ferramenta unha oportunidade para o aforro de enerxía.
A Axencia Galega da Industria Forestal, a través da Consellería de Medio Rural, destina este ano 9 millóns de euros en axudas orientadas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamiento, mobilización e comercialización de produtos. Esta convocatoria establece por primeira vez cinco liñas definidas para asegurar o investimento en maquinarias para a silvicultura, para o aproveitamento comercial da castaña e da resina ou para a clasificación estrutural de madeira.
O Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) publicou un estudo sobre a traxectoria profesional dos perfís STEM na nosa Comunidade. No informe achégase unha manchea de datos de interese que confirman e corroboran a gráfica ascendente da dita traxectoria. No estudo Talento dixital estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia. Edición 2023 dise que a porcentaxe de persoas matriculadas neste tipo de carreiras no Sistema Universitario Galego incrementouse un 3,6% en dous anos.
O último informe do Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) desvela que en en 2022 os ataques dos hackers medraron un 9% respecto ao ano anterior. No ámbito de cidadáns e empresas, cómpre destacar que 1 de cada 3 son unha filtración de datos (sensibles, protexidos ou confidenciais que son roubados por unha persoa non autorizada) e 2 de cada 5 son vulnerabilidades de sistemas tecnolóxicos (debilidade dun sistema que pode pór en risco a súa seguridade).
Infravalorar a importancia dos contrasinais, mesmo nas tarefas dixitais máis cotiás e menos sensibles ao roubo de datos, pode carrexar graves consecuencias. A recomendación principal dos expertos en ciberseguridade para que o contrasinal sexa robusto é que sexa longo e completo: polo menos oito caracteres, utilizar algunha maiúscula e algún signo de exclamación ou interrogación. Ademais, é conveniente evitar os datos máis doados de lembrar e de adiviñar, como datas de nacemento, iniciais, números de teléfono ou o DNI.
Está aberto o prazo para que autónomos e pemes da comunidade soliciten novas liñas de axudas financeiras. A ventaniña permanecerá aberta até o 29 de setembro e iranse concedendo as subvencións até esgotar o crédito. Nesta ocasión, a Consellería de Economía porá a disposición dos negocios préstamos e garantías cos que espera apontoar unhas 750 operacións valoradas nuns 60 millóns de euros. E farao a través dun convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca (SGR) e bancos.
DATAlife, o hub de innovación dixital, forxou unha alianza coa start-up galega Docuten para activar a dixitalización administrativa das pequenas e medianas empresas nos sectores como a biotecnoloxía, a agricultura, a pesca, a alimentación, a madeira ou a saúde. O acordo impulsará a firma dixital e a facturación electrónica e propiciará un aforro de custos entre as empresas que se sumen ao proxecto, o que permitirá tamén reducir a pegada ecolóxica.
Xa está en marcha a segunda edición de “Galicia Avanza”, o programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras. É unha iniciativa que arrancaba en 2022, froito da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.