Gaélica Solar lanza ao mercado o primeiro secador solar para bañistas alimentado por enerxía solar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Gaélica Solar, con sede en Tecnópole, presentou hai uns días na praia de Silgar (Sanxenxo, Pontevedra) o primeiro secador solar para bañistas alimentado por enerxía solar. Trátase dun innovador dispositivo que permitirá aos areais que o incorporen converterse en referentes en sustentabilidade polo seu funcionamento eficiente e totalmente respectuoso co medio.

O equipo, rexistrado e patentado por Gaélica Solar, está fabricado enteiramente en aceiro inoxidable mariño e consta dunha ducha corporal, dúas billas lavapés, un corredor de secado e dúas tomas de corrente de 220 V para dispositivos eléctricos, todo iso alimentado por enerxía solar fotovoltaica.

O sistema de secado conta con dúas turbinas axiais duais e altamente eficientes na súa parte superior, que dirixen o aire a través duns difusores creando unha corrente lateral no corredor interior da cabina.

Respecto ás súas outras funcionalidades, unha das peculiaridades deste sistema é que tanto a ducha como os lavapés bombean auga salgada directamente do mar -coa capacidade de bombear un caudal aproximado de 3000 litros á hora-, o que incrementa a súa sustentabilidade fronte aos dispositivos convencionais de auga doce.

Froito do seu forte investimento en I+D, Gaélica Solar conta este ano no seu catálogo con 19 novos produtos de fabricación propia e dous premios á innovación, que supoñen un recoñecemento á mesa solar autoiluminada e o ozono solar para a hixienización de fontes públicas illadas.

Para máis información: www.gaelicasolar.com.

(Fonte: Gaélica Solar)