Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Ponse en marcha a campaña “Fagamos entre todos Tecnópole virus-free”

Tecnópole puxo en marcha unha campaña baixo o lema “Fagamos entre todos Tecnópole virus-free”, que busca lograr un parque libre de coronavirus e adaptado á nova normalidade.
 
Tal como explica o director xerente do Parque, Ricardo Capilla, “ante a inminente e progresiva incorporación presencial ás oficinas e postos de traballo prevista para as próximas datas, estase a reforzar a limpeza e desinfección das zonas comúns, ascensores e baños dos edificios públicos de Tecnópole: CEI, Tecnópole I  e Tecnópole II.

Tecnópole publica unha guía en galego para animar ás mozas a estudar carreiras vencelladas coa Ciencia e a Tecnoloxía

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de publicar en galego a guía Que quero ser de maior?. Forma parte do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino” desenvolto pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrada Tecnópole.

A Xunta avanza nas obras do enlace do polígono de San Cibrao

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, dirixida por Ethel Vázquez, difundiu unhas fotografías que amosan o avance das obras do novo enlace do polígono industrial de San Cibrao das Viñas á A-52. Os traballos están a executarse neste momento no ramal cortado da autovía.
 
Pese ao parón que supuxo a crise do coronavirus, a Xunta prevé ter completamente rematado este viario este mesmo verán, tal como estaba previsto inicialmente. Esta actuación foi licitada por un prezo de 21 millóns de euros.
 
Fonte: La Voz de Galicia

Científicas galegas traballan nunha vacina de longa duración contra o Covid

A catedrática da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso lidera un proxecto de investigación que busca desenvolver e avaliar unha nova vacina de longa duración fronte ao SARSCov-2. Na investigación participa ademais o grupo de Mabel Loza, catedrática tamén da USC.

Keybiological, innovación galega no uso do ozono

Jorge García e Juan Fernández estudaron Bioloxía xuntos e despois de colaborar en diversos proxectos profesionais, decidiron dar o salto. A mediados do 2016 nacía Keybiological, unha empresa radicada en Vigo que se dedica á fabricación de aceites vexetais peroxidados con ozono, á comercialización de suplementos alimenticios e cosmética de ozono e á distribución de equipamentos xeradores de ozono médico.

Drons para estender desinfectante onde se prevexan aglomeracións

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo levarán a cabo este verán un proxecto innovador para combater os efectos do covid-19. O obxectivo é desenvolver un sistema de desinfección empregando dispersión de líquidos mediante drons en espazos onde se prevexa unha grande afluencia de xente. A idea é implementar un sistema de información xeográfica galega que determine as zonas susceptibles de levar a cabo a actuación.

Científicos galegos abren unha vía a futuras terapias contra o cancro ou doenzas autoinmunes

Un estudo liderado desde o Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) demostrou que as modificacións químicas en moléculas de ARN (ácido ribonucleico) son esenciais na reprogramación celular, o que abre así a porta para decodificar os procesos moleculares que son esenciais durante o desenvolvemento e que ven alterados coa aparición de enfermidades autoinmunes ou en cancro.

Esta contribución estivo dirixida polos grupos de Diana Guallar (Epitranscriptomics & Ageing) e Miguel Fidalgo (Stem Cells&Human Diseases

Tecnoloxía galega para control en desinfección de superficies

A compañía biotecnolóxica galega AMSlab, con sede en Lugo e socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), lanza COVID-19 Control System, un novo servizo de análise para detectar a presenza de coronavirus en todo tipo de superficies e contornas de traballo. Trátase dun procedemento que permite avaliar a eficacia de protocolos de hixiene e desinfección contra o mortal e contaxioso virus en establecementos abertos ao público, lugares con presenza de visitantes ou espazos de traballo frecuentados, para así minimizar o posible risco de contaxio do patóxeno.

O campus de Ourense participa no estudo Predico que anticipará a expansión do Covid-19

O campus universitario de Ourense participa no estudo Predico que permitirá anticipar a expansión e incidencia do Covid-19. O proxecto, que acaba de recibir financiamento por parte do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII), e permitirá crear un modelo de predición dinámica sobre escenarios de afectación do virus a curto e medio prazo.

A Xunta axuda á expansión da I+D+i galega cunha partida de 2,8 millóns

A Xunta de Galicia destina un total de 2,8 millóns de euros a axudas para o impulso da internacionalización da I+D+i galega fomentando a participación no programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020 (H2020).

Diso informou a Consellería de Economía, que, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria destes apoios.

Apoio ás pemes

O enorme éxito da convocatoria do primeiro campamento tecnolóxico online de Galicia, impulsado por Tecnópole, obriga a organizar unha segunda quenda

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición.

A empresa Primux doa vinte ordenadores portátiles para os nenos de Xinzo de Limia

A empresa tecnolóxica Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, segue a colaborar cos centros educativos nesta situación de crise sanitaria. A finalidade é que o alumnado poida seguir cos seus estudos desde a casa.

A firma doou vinte ordenadores portátiles ao Concello ourensán de Xinzo de Limia. Así, os rapaces e rapazas que non dispoñen de ordenador poden realizar as súas tarefas escolares online.

Páxinas