Futuro plan de innovación e investigación para o sector agroalimentario

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, anunciou que o seu departamento está a elaborar un Programa de Innovación e Investigación do sector agroalimentario, "de moi amplo alcance", co que España poderá acollerse a fondos financeiros destinados á innovación agraria no marco da Asociación Europea para a Innovación.

Non obstante, Arias Cañete avisou de que "non abonda con innovar", ao defender que os agricultores de todo o mundo necesitan "tamén ver traducido o froito do seu esforzo en rendas xustas, que, de non se obter, inducen ao abandono da actividade".

O ministro recordou que está a elaborar un proxecto de Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea de valor, así como outros proxectos orientados ao fomento do asociacionismo agrario e á concentración da oferta, a través da integración cooperativa.

Así mesmo, mostrou a súa coincidencia co autor do libro na necesidade de ofrecer aos agricultores e gandeiros ferramentas para a xestión de riscos derivados das adversidades climáticas.

(Fonte: Innovamás)