A Fundación Sacyr lanza a 6ª edición dos Premios Sacyr á Innovación á mellor startup

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Fundación Sacyr lanza a 6ª edición dos Premios Sacyr á Innovación á mellor startup, coa que quere incentivar e promover o desenvolvemento de startups orientadas aos sectores de infraestruturas e servizos con alto potencial, para sumarlles o valor de participar da experiencia e o apoio da Fundación Sacyr e o Grupo Sacyr no seu proceso de maduración e saída ao mercado.

A Fundación distinguirá proxectos empresariais constituídos ou en proceso de constitución que melloren a competitividade nos sectores de infraestruturas e servizos por medio de tecnoloxía relacionada coas áreas de transformación dixital, mobilidade, smart cities & smart services, novos materiais, eficiencia enerxética e Internet of things.

Con estes premios, a Fundación Sacyr quere incentivar e recompensar publicamente a aqueles que, a título individual ou colectivo, investigan e traballan en proxectos, desenvolvementos e ideas innovadoras, creativas e pioneiras, formuladas como ambiciosos retos de superación e coñecemento.

A presentación de candidaturas, que finaliza o próximo 15 de marzo, pódese realizar a través de o e-mail sacyr.premios@sacyr.com. As bases dos premios están dispoñibles en www.sacyr.com.

(Fonte: Innovamás)