A Fundación Galicia Europa participa nun proxecto que promove a ecoinnovación nas pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, participou no lanzamento do proxecto transnacional 'Eco-Innova, que ten por obxectivo a creación de ecosistemas empresariais mediante a innovación e favorecer a internacionalización das pemes dentro do marco ambiental.
 
A presentación deste proxecto tivo lugar durante o seminario ''Creando ecosistemas empresariais a través da innovación'', no que tamén se aprobou o pacto atlántico pola ecoinnovación xunto aos demais socios europeos desta iniciativa.
 
En concreto, a Fundación Galicia Europa participa xunto a cinco institucións máis: o Concello de Ourense, a Asociación para o Centro de Incubación de Base Tecnolóxica do Miño e a Axencia de Desenvolvemento do Alto Támega (ambas as dúas do norte de Portugal), o Bordeaux Productic de Aquitania (Francia) e a Universidade de Glamorgan, en Gales (Reino Unido).
 
O pacto atlántico pola ecoinnovación consiste na creación de novos produtos, servizos e sistemas que reducen o uso de recursos e o impacto prexudicial no medio ambiente, e plasma "o sentir de todas ás rexións implicadas en adoptar unha estratexia a prol da ecoinnovación", informou hoxe a Consellería de Presidencia.
 
(Fonte: Galiciaé)