A Fundación Cotec abre o prazo de candidaturas para o seu programa de innovación aberta

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A Fundación Cotec abriu ata o 13 de outubro o prazo de presentación de candidaturas para #PIA2019, a terceira convocatoria do seu Programa de Innovación aberta. O obxectivo de Cotec con este programa é seleccionar propostas de innovación cos que colaborar, a través dun contrato, para desenvolver proxectos de forma conxunta. A axuda de Cotec pode ser financeira (ata 40.000 euros) ou doutro tipo (asesoría, comunicación e relacións públicas, etc.).

Nesta nova edición Cotec busca aliarse con proxectos que contribúan a impulsar a inclusión na sociedade dixital. As propostas poden presentarse en catro categorías: Educación e formación, Igualdade socioeconómica, Participación de colectivos vulnerables e Políticas públicas. A convocatoria está aberta a todo tipo de públicos, disciplinas e áreas de coñecemento. Os interesados en participar teñen toda a información dispoñible en www.convocatoriapia.cotec.es.

Os candidatos terán que encher un formulario e resumir a súa proposta inicial en 480 carácteres. Só as ideas que resulten elixidas para a segunda fase de selección terán que presentar unha memoria detallada do proxecto. As propostas poden ser proxectos de investigación científica, propostas de aplicación e validación de novas técnicas, metodoloxías ou solucións escalables (proxectos piloto); análise de boas prácticas nos ámbitos específicos do proxecto; accións de difusión que contribúan a divulgar e/ou, sensibilizar (eventos, creación de redes, publicacións...); obras literarias, artísticas e audiovisuais; desenvolvemento de aplicacións e produtos tecnolóxicos, etcétera.

Os proxectos finalmente seleccionados deberán presentar resultados nun prazo máximo de doce meses. Na avaliación final dos proxectos participarán como asesores expertos externos e membros da plataforma Los 100 de Cotec.

Dende a súa primeira edición, o Programa de Innovación aberta de Cotec recibiu preto de 4000 propostas, procedentes de 31 países e enviadas por solicitantes de 10 a 83 anos. Entre os finalistas houbo universidades europeas e latinoamericanas, colexios e institutos, organizacións internacionais, asociacións empresariais, empresas tipo startup e ONG, cumprindo satisfactoriamente co obxectivo inicial de Cotec de dar apoio a proxectos innovadores á maior diversidade de propostas posible.

(Fonte: Fundación COTEC)