FoodAlert, un novo software capaz de analizar as alertas alimentarias

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Un equipo integrado por especialistas de Ainia desenvolveu un novo software que permite coñecer e analizar automaticamente as alertas alimentarias que se producen no mundo.

O software, denominado FoodAlert, monitoriza as bases de datos oficiais de alertas alimentarias (RASFF, USDA, FDA, entre outras), facilitando así o acceso, de forma automática e instantánea, a información relativa a posibles riscos alimentarios. Ademais permite a súa integración cos sistemas de trazabilidade e comunicación de incidencias das empresas.

FoodAlert vixía e filtra a información de forma automática, selecciona só aquela que é relevante, segundo os criterios establecidos para cada usuario, e sérvea a través dunha plataforma online ou a través do correo electrónico, mediante o envío de boletíns informativos cada vez que se produce unha alerta importante. Ademais, xera gráficos e táboas estatísticas que son exportables a informes PDF ou documentos Word de forma automática.

O novo 'software' permite coñecer e analizar automaticamente as alertas alimentarias que se producen no mundo

Extracción dos datos relevantes

Este sistema de monitorización emprega tecnoloxías de recuperación de información de internet, así como ferramentas avanzadas de análise sintáctica e semántica dos datos e caracterízase pola súa flexibilidade, o que significa que pode ser configurado en función das áreas nas que traballe cada un dos usuarios que accedan, explican os desenvolvedores.

Estas tecnoloxías permiten extraer só os datos relevantes, separándoos da información sen valor, independentemente da estrutura da fonte dixital de orixe da que se extraen.

É unha solución que se está a implantar e o seu obxectivo é axudar as empresas a identificar as alertas alimentarias que poidan afectar á súa actividade. Este tipo de sistemas de recompilación e xestión de alertas convértense nunha ferramenta poderosa ao servizo da industria que mediante tecnoloxía big data para a análise da información pode ser utilizada para facer predicións de alertas potenciais.

(Fonte: SINC)