Flypal, unha solución para os voos cancelados

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
"Situacións como as das últimas semanas no Prat é o que queremos evitar", explica Victoria Achaval en referencia á cancelación das viaxes de Vueling. A cofundadora de Flypal, aplicación que ofrece en tempo real diferentes opcións para solucionar as cancelacións de voos, continua dicindo que "é algo que nos pode pasar a todos e non é só un problema que se dea na tempada de verán, senón que sucede a miúdo". E é que a orixe da plataforma tivo lugar cando os seus creadores sufriron a cancelación dun voo e experimentaron a descompensación que existía entre as liñas aéreas e os viaxeiros nesas situacións.

Voos alternativos, compensacións económicas ou os reembolsos que correspondan son algunhas das opcións que nos achega a aplicación, que ofrece tamén a posibilidade de contactar en tempo real coas autoridades da Unión Europea en caso de que a liña aérea non atenda ao que se demanda. "Se algo bo teñen as apps é a súa axilidade e doado manexo; hai que sacar partido delas para mellorar as cousas". Por outra parte, Flypal transmite os detalles do incumprimento aos profesionais seleccionados para que reclamen e consigan as compensacións do cliente.

Achaval destacou o "compoñente social" da aplicación, que permite comunicarse e compartir información con outros viaxeiros que tiveran o mesmo problema. "A plataforma está pensada para que o viaxeiro conte con ela os 365 días do ano, por iso incorporamos esta corrente colaborativa". Malia que o equipo de Flypal non descarta agregar novas funcionalidades, polo momento "imos continuar a mesma liña porque está a dar bos resultados ao conseguir que o viaxeiro se centre na súa viaxe e non estea intranquilo por contratempos que poidan xurdir".

(Fonte: Innovaspain)