Unha firma de San Cibrao deseña recambios para os respiradores artificiais da uci covid-19

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Na engrenaxe que mantén en funcionamento os respiradores da uci covid-19 do CHUO está o selo dunha empresa asentada no polígono de San Cibrao. Sineldent pertence ao Grupo Phibo, unha compañía multinacional española especializada na dixitalización do sector dental. Ademais de estar presentes en Madrid e Barcelona, a provincia de Ourense acolle unha das súas tres fábricas, onde habitualmente se producen próteses bucais. Con todo, parte da súa produción pivotou estas últimas semanas cara á creación de conectores para os respiradores artificiais da unidade de críticos do hospital. Son pezas pequenas, semellantes a cánulas, pero imprescindibles para a actividade da ventilación mecánica que precisan os pacientes máis afectados pola enfermidade.

Nas súas instalacións de San Cibrao traballan habitualmente medio centenar de empregados, pero agora están fisicamente oito, os imprescindibles para a produción física das pezas. O resto, traballan por vía telemática desde as súas casas. Daniel García, responsable de produción no departamento de Enxeñaría, explica que as impresoras 3-D dan forma a eses recambios. Fanse cunha resina especial, parecida á que empregan para os modelos bucais. “Nós, de inicio, dedicámonos á fabricación de próteses bucais. Pero esta modalidade de impresión facilita que calquera enxeñeiro de deseño industrial poida fabricar toda peza que se determine previamente a través dun programa por computador. E ademais da resina, tamén traballamos con metal”, explica Sanz.

A boa sintonía co CHUO serviu para achegar algo máis de fondo de armario ao hospital nun contexto complicado, xa que a adquisición de pezas para os respiradores, dada a elevada demanda no resto de centros sanitarios do país, non estaba a ser fácil. “O hospital de Ourense prevía que podía necesitar estes recambios porque os provedores habituais non llos estaban a servir, así que nalgún momento podía darse a circunstancia de que quedasen curtos de material. E oxalá non se necesitasen moitos máis, porque isto querería dicir que avanzamos no bo camiño”, engade Sanz.

Fonte: La Voz de Galicia