Unha ferramenta web feita en Galicia predecirá a evolución da pandemia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC) desenvolve unha ferramenta web que non só será capaz de monitorizar a evolución da pandemia senón que ademais poderá facer predicións sobre a mesma. A característica diferencial do proxecto, chamado ForeCoop, é que as predicións son en realidade metapredicións obtidas combinando as provenientes de diferentes modelos matemáticos e epidemiolóxicos que diariamente fornecen grupos de investigación de toda España.

Os profesores da Facultade de Informática da UDC José Antonio Vilar e Ricardo Cao lideran o proxecto. A súa idea é facer uso de series de datos de interese como contaxios, falecementos, hospitalizados ou ingresos en uci, entre outros, para poder realizar as análises pertinentes. Será posible grazas a un investimento de 62.000 euros feito polo Fondo Supera covid-19 do Banco Santander en colaboración co CSIC.

Fonte: La Voz de Galicia