Feijóo anuncia a posta en marcha en xullo da primeira liña de axudas específica para fomentar a I+D nas pemes galegas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha en xullo da primeira liña de axudas específica para fomentar proxectos de I+D+i nas pemes, como unha proba máis de que "ser empresario en Galicia non é un salto ao baleiro".

Segundo concretou, esa liña de axudas, ''Conecta Peme'', está dotada con 12 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder e con capacidade para mobilizar entre 25 e 30 millóns de euros. O seu obxectivo é, explicou, achegar ás pequenas e medianas empresas "a exitosa experiencia das dúas convocatorias Interconecta.

Feijóo garantiu que quen "nesta terra se decida a empender ou a ampliar o seu negocio contará cunha ampla rede de apoio que minora, en boa medida, as dimensións do risco". Referiuse así á Lei do emprendedor remitida pola Xunta ao Parlamento para a súa tramitación, que limita a 24 horas o prazo máximo para abrir unha empresa e reduce o custo de facelo grazas a unha rebaixa selectiva de catro impostos con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013.

Na mesma liña situou a posta en marcha do plan para facilitar o acceso ao chan industrial na Comunidade, que rebaixa os prezos nunha media do 20% e facilita o seu pagamento. E subliñou que se multiplican tamén "os recursos a disposición das empresas para aplicar as receitas que consideramos imprescindibles para superar as dificultades nas mellores condicións de competitividade: a innovación e a internacionalización".

Sobre o primeiro aspecto, resaltou que a Xunta contará como principal vehículo coa Axencia Galega de Innovación, "que canaliza un conxunto de iniciativas e axudas que superan nun 45% os recursos destinados a este obxectivo" polo anterior goberno". Ao respecto da internacionalización, destacou que seguirá sendo unha estratexia prioritaria do Goberno galego, que incrementa a partida destinada a este fin nos Presupostos da Comunidade nun 10%.

(Fonte: Xunta de Galicia)