Fegape avanza na súa proposta de lei de modernización dos parques empresariais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) está a rematar a elaboración dunha proposta de normativa específica que regule o funcionamento e a dinamización das áreas industriais de Galicia, que fará chegar á Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de que o Goberno galego a estude e proceda a tramitala. A Federación celebrou unha reunión de traballo para que, do mesmo xeito que sucedeu recentemente na Comunidade Valenciana e Cataluña, en Galicia tamén exista unha lei que regule as entidades de xestión e modernización das áreas industriais que fomente a necesaria colaboración das administracións, sobre todo as locais, con estas.

Na xuntanza abordáronse modelos acertados de colaboración que existen en diferentes comunidades autónomas e que supoñen unha mellora no mantemento e conservación dos parques empresariais. A Federación impulsa modelos de xestión que teñen en conta a necesidade de incrementar a colaboración público-privada.

A proposta de texto lexislativo aborda o financiamento da xestión dos parques empresariais e a obrigatoriedade de pertenza á entidade do polígono, entre outros asuntos. Na reunión tratáronse as diferentes casuísticas existentes na xestión e funcionamento dos parques empresariais de Galicia. Tamén as normativas autonómicas impulsadas por organizacións que, xunto con Fegape, forman parte da Coordinadora Española de Áreas Empresariais.

Fonte: Economía en Galicia