Este programa promove a cooperación entre as distintas administracións, o sector produtivo e os axentes de I+D+i. En consecuencia, cada grupo beneficiario deste programa de colaboración público-privada debe estar constituído por un mínimo de tres empresas de distinto tamaño e a participación significativa -un mínimo do 15%- de organismos de investigación.
Coas convocatorias preténdese impulsar a innovación a través do financiamento de proxectos de desenvolvemento experimental e investigación industrial. Os proxectos seleccionados deberán ser de carácter estratéxico e ter gran dimensión, ademais de contar con proxección económica e comercial máis alá das nosas fronteiras, sinala o ministerio nun comunicado.
As axudas destinaranse a proxectos e actuacións plurianuais, de dous anos de duración, que teñan un presuposto mínimo de 1,5 millóns de euros. O programa outorga axudas en forma de subvencións cofinanciadas a través do Fondo Tecnolóxico Europeo e a Xunta de Galicia.
A convocatoria de axudas está dispoñible aquí.
(Fonte: Innovaticias)