FECYT organiza a segunda edición do curso para Xestores en Valorización Tecnolóxica

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Despois do éxito da primeira edición, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) abre a convocatoria para a segunda edición do curso de formación en Xestores en Valorización Tecnolóxica, que comezará a impartirse a partir de febreiro de 2012.
 
O curso diríxese a licenciados superiores con polo menos 3 anos de experiencia profesional dentro da área de investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico, xestión I+D, etc. que buscan complementar a súa formación e experiencia en valorización tecnolóxica.
 
A través da Rede FECYT de Xestores en Valorización Tecnolóxica créase unha bolsa de traballo para dar servizo a empresas de base tecnolóxica, centros de I+D e profesionais co perfil de xestores en valorización tecnolóxica. Nesta bolsa de traballo poderanse publicar ofertas de emprego e currículos dun xeito rápido e organizado.
 
O curso de formación ofrécese en colaboración con ESADE Business School e Teacegos. Máis información en http://gestoresenvalorizacion.fecyt.es/.
 
(Fonte: FECYT)