Facebook lanza en Brasil o seu primeiro centro de innovación a escala mundial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Facebook acaba de lanzar en Sao Paulo a Estación Hack, o seu primeiro centro de innovación a nivel mundial e co que busca formar programadores e impulsar a emprendedores en Brasil, onde o déficit de profesionais cualificados en áreas de tecnoloxía superará as 160.000 persoas en 2019.

O vicepresidente de Facebook para América Latina, Diego Dzodan, asegurou que a tecnoloxía ofrece "oportunidades" aos novos brasileiros e pode axudar a "desenvolver negocios" e fomentar a "creación de empregos".

"A tecnoloxía cambiou o mundo. Ten disfuncións, cambiou as persoas e as empresas, pero tamén presenta oportunidades, entre elas aos novos brasileiros", afirmou Dzodan, durante a presentación da Estación Hack na capital paulista.

O proxecto ofrecerá bolsas de estudos a máis de 7400 mozos para a formación de talentos no ámbito tecnolóxico -especialmente no campo da programación-, a promoción do emprendemento e a "aceleración" das empresas emerxentes.

De acordo co Global Startup Report 2017, Sao Paulo, o estado máis poboado de Brasil, é un dos 15 maiores ecosistemas de "start-ups" do mundo, con entre 1600 e 2900 compañías emerxentes activas.

52 zonas de traballo

A Estación Hack conta cun espazo de 1000 metros cadrados situado na céntrica Avenida Paulista, o corazón financeiro de Brasil, con 52 zonas de traballo que serán utilizadas polas empresas emerxentes seleccionadas para participar nos programas de aceleración.

Para impulsar a innovación en Brasil, Facebook asinou acordos con diferentes empresas e institucións, entre elas Madcode -que realizará os cursos de introdución á programación e desenvolvemento de aplicacións para adolescentes- e a Fundación Getulio Vargas, que promoverá os cursos de xestión de empresas para emprendedores.

(Fonte: Expansión)