Expourense celebra unha xornada sobre oportunidades de negocio en mercados emerxentes centrada en Perú

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O próximo xoves 5 de setembro ás 20 horas terá lugar en Expourense a conferencia "Oportunidades de negocio en mercados emerxentes: Perú", a cargo do responsable dunha consultora española especializada en abrir camiño a empresas no país andino.

A iniciativa xorde dende a Federación de Autónomos de Galicia, en conxunto co Grupo Arrivelo e coa colaboración de Expourense, para dar a coñecer as actividades empresariais e as oportunidades de negocio que actualmente ofrece Perú, un dos países emerxentes de Sudamérica.

A firma coruñesa Arrivelo Internacional acompañou nos seus procesos de internacionalización a máis de 25 empresas españolas e norteamericanas de sectores tan diversos como infraestruturas, enerxías, minería, construción, seguridade, iluminación ou naval.

(Fonte: Expourense)