Explotacións de vacún de Ourense participan nun proxecto do Centro Tecnolóxico da Carne para mellorar a produción

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Mellorar e homoxeneizar a calidade da carne de tenreira que sae das explotacións de vacún. É o obxectivo do proxecto que está a coordinar o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), situado en Tecnópole, por iniciativa da Asociación de agricultores e gandeiros de Galicia (Agrigga).

Na iniciativa, que se atopa nunha fase inicial, participan por agora cincuenta explotacións da comunidade autónoma entre as que se atopan varias ourensás.

Durante unha visita recente ao CTC, a conselleira de Medio Rural destacou a importancia do gando vacún en Galicia, que ocupa o terceiro lugar de España en produción, só superada por Cataluña e Castela e León. A titular de Medio Rural destacou tamén que o 19% das solicitudes que se aprobaron o ano pasado no seu departamento eran de gandeiros interesados en investir na mellora das súas explotacións.

En concreto, este proxecto pretende desenvolver ferramentas para que a carne de tenreira das granxas "teña as máximas características de calidade e homoxeneidade", asegurou Miguel Fernández, xerente do centro tecnolóxico ourensán, quen explicou que se traballa sobre parámetros que controlan todo o proceso de produción, dende a cría na explotación e a alimentación, ata o transporte ao matadoiro, a maduración e o envasado, se é que isto último é necesario.

"O que pretendemos é que non haxa disparidade entre a carne que sae dunhas e outras explotacións, que toda sexa da mesma calidade, sen diferenzas," asegura, que pon en valor o feito de que esta iniciativa permitirá que tanto as industrias transformadoras como as grandes superficies e os consumidores reciban "unha carne da máxima calidade". Coa iniciativa preténdese, así mesmo, calcular a pegada de carbono que deixan as explotacións e tratar de corrixila en caso de que sexa necesario.

Por agora a iniciativa estase a desenvolver a escala reducida e a previsión é desenvolvela durante un prazo de 15 meses, cun presuposto total de 150.000 euros. Ata o momento o maior número de explotacións que se benefician do programa atópanse na Coruña e Lugo porque é nesas provincias nas que opera o maior número de explotacións. De acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística en Ourense funcionan 2173 explotacións de bovino, a cifra máis baixa das catro provincias, onde hai 39.489 da comunidade. É significativo que só 33 que teñan máis de duascentas cabezas de gando.

(Fonte: La Voz de Galicia)