Expertos debaterán en Transfire os avances en innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Foro Transfire (Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación) celebrará a súa quinta edición os días 10 e 11 de febreiro de 2016 coa intervención de medio centenar de expertos no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma) para debater sobre os últimos avances en innovación e transferencia de coñecementos.

O encontro estruturarase en torno aos seguintes contidos: a iniciativa Eureka; financiamento; centros de excelencia Severo Ochoa e unidades de excelencia María de Maeztu; o deseño como panca de innovación; RIS3 Andalucía; e unha xornada sobre Compra Pública Innovadora (CPI).

O Foro Transfire, cuxos obxectivos pasan este ano polo reforzamento do sector financeiro e unha maior presenza de investigadores así como de empresas demandantes de tecnoloxía, reúne no seu comité organizador a maior representación nacional de axentes implicados na investigación e o desenvolvemento, con máis de 130 entidades públicas e privadas. Este ano, o país invitado será Corea do Sur.

Actividades paralelas

No marco de Transfire celebrarase tamén o Foro das Plataformas Tecnolóxicas Españolas, coordinado polo Ministerio de Economía e Competitividade, no que haberá varias mesas redondas multisectoriais.

Ademais, entre as actividades paralelas ao evento daranse, entre outras, a asemblea da Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas Innovadoras (Ances); o consello de EBN; o encontro coas Infraestruturas Científico-Técnicas Singulares (ICTS); unha xornada de Compra Pública Innovadora no Sector da Estrada; o consello reitor da Plataforma Tecnolóxica Española do CO2; a asemblea anual da plataforma tecnolóxica MANU-KET e unha reunión do proxecto europeo enmarcado dentro do programa H2020 liderado polo Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA).

Nesta edición, ademais, implementarse unha axenda de citas online para a celebración de reunións en torno aos principais sectores produtivos, tales como o das TICs, a sanidade, o medio ambiente, a infraestrutura e o transporte, a industria, a enerxía, e os sectores agroalimentario, aeronáutico e aeroespacial, sen esquecer as administracións públicas e a compra pública innovadora e as plataformas tecnolóxicas españolas.

(Fonte: EP)