Excelia presenta en Tecnópole o novo software de xestión Microsoft Dynamics NAV13

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Excelia presenta o próximo 13 de decembro en Tecnópole a última e máis potente versión do software de xestión Microsoft Dynamics NAV13, axeitado ás necesidades das pequenas e medianas empresas. A empresa é unha consultora integral de servizos de tecnoloxías da información especializada no deseño, desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento de solucións tecnolóxicas aplicadas á mellora de procesos de negocio.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través dun formulario dispoñible na web da empresa, que organiza a presentación en calidade de partner oficial de Microsoft.

Segundo fontes de Excelia, a nova ferramenta de xestión de Microsoft permite mellorar os procesos de negocio, reducir custos operacionais, incrementar a eficacia dos empregados e mellorar a fidelización dos clientes.

A solución, ademais, abre un mundo de posibilidades aos responsables da empresa en aspectos clave para mellorar a boa marcha dos seus negocios: o control de custos e a opción de traballar na nube.

A presentación comezará ás 9.30 e, ademais dunha exposición en profundidade da ferramenta, incluirá unha demo e unha quenda de consultas e preguntas. A hora prevista de finalización son as 11.15.

(Fonte: Excelia)