Etxe-Tar deseña unha máquina modular para a industria de automoción

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A empresa de máquina ferramenta Etxe-Tar implantou un concepto diferente de ferramenta flexible para fabricar cada peza no proceso de fabricación de vehículos.
 
Etxe-Tar deseña instalacións produtivas para a industria automotora que requiren alta tecnoloxía. O seu produto estrela é un concepto de máquina modular que resolve todos os problemas do mecanizado. É dicir, asegura cada unha das solucións técnicas necesarias na fabricación de pezas de automóbiles.
 
Un dos retos que tivo que afrontar a industria de automoción é resolver procesos complicados e esixentes á hora de realizar, por exemplo, un mecanizado en seco, ou cando hai que tradear o material cunha mínima lubricación. Para cada proceso e caso, Etxe-Tar deseñou esta máquina flexible (modular) que permite solucionar o mecanizado das pezas.
 
Por este motivo, fabricantes de automoción demandaron os servizos desta sinatura, que dispón xa de tres plantas e filiais en varios países: EE.UU., China e México. Nestes centros, fabrica ferramenta para o mecanizado de cegoñais (eixes que transforman o movemento rectilíneo alternativo en circular uniforme), eixes de transmisión e sistemas de lubricación.
 
Despois de 55 anos de actividade, esta empresa situada no norte de España, lidera a produción de sistemas de fabricación flexibles para cegoñais. Tamén deseña sistemas chave en man para bielas.
 
(Fonte: Spain Technology)