Un español, elixido mellor innovador de Europa polo seu proxecto sobre parques eólicos mariños

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
¿O propósito da cita? Expandir os horizontes da innovación. Por ese motivo o congreso InnovEIT vibraba de emoción, e mastigábase no ambiente a incerteza dos que serían os gañadores dos premios InnovEIT 2015.

O premio ao proxecto máis innovador recaeu no único nomeado español, Rajai Aghabi, o CEO de Eolos Floating Lidar Solution, que recollía o galardón por unha iniciativa que supón unha ruptura no campo da enerxía renovable. Dicía ao público: "Os retos fannos grandes".

Eolos competía cunha iniciativa que conseguiu desenvolver unha plataforma flotante na que facer medicións da velocidade potencial do vento no océano para realizar predicións e decidir o pertinente ou non que é instalar nun determinado lugar un parque eólico mariño. O proxecto supón un aforro de custos fronte ás plataformas que tradicionalmente se instalan arraigadas ao fondo mariño e, ademais, cun menor impacto ecolóxico.

Durante esta gala entregáronse dous premios máis, ao proxecto Nordic Power Converters, do nórdico cofundador Regnar Paaske, que recibía o galardón ao proxecto máis arriscado. E é que esta paixón polo risco, os daneses deixárona plasmada nun proxecto que viu a oportunidade de ofrecer unha solución aos conversores de electricidade para LED, cargadores e outras aplicacións.

O terceiro dos galardóns, concedeuse ao cambio. Un premio que foi parar a mans de Govinda Upadhyay, que coa iniciativa de deseñar unha lámpada solar LED, utilizou tan só cinco compoñentes e converteuse na lámpada LED máis barata do mercado.

Entre alegrías e emocións varias, Martin Kern avogou na entrega de premios por unha maior presenza feminina que nesta edición contou cunha soa nominación. "Queremos ver máis mulleres en innovación".

(Fonte: El Mundo)