eYeka, unha compañía crowdsourcing especializada na "co creación online" de produtos publicou algúns conceptos moi intrigantes sobre o futuro dos smartphones. Entre eles, os gañadores do seu último concurso de ideas, dous proxectos sorprendentes e desexados.
As pemes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal do sector das enerxías renovables contan dende agora con ferramentas de software libre e un portal web de traballo especificamente desenvolvidos para cubrir as súas necesidades no marco do proxecto transfronteirizo ER-INNOVA.
O presidente da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), Felipe Romera, explicou que o emprego nas empresas e institucións situadas nos parques españois creceu un 7% en 2010, ata os 145.155 traballadores; mentres que o investimento en I+D aumentou un 26%, con 1226 millóns.
Emprender un proxecto empresarial propio é unha decisión que require coñecementos, recursos, valentía e toda a axuda posible para desenvolverse nun marco económico adverso como o actual.
A Comisión Europea destinará 300 millóns de euros durante cinco anos á plataforma 'Internet do Futuro', un programa destinado a apoiar a innovación tecnolóxica na UE e a desenvolver as conexións e os servizos a través de internet, segundo anunciou hoxe o Executivo comunitario.
O Consello de Ministros aprobou recentemente a firma do convenio entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA), para a creación dunha liña de financiamento para a posta en marcha de proxectos empresariais promovidos por mozos emprendedores.
A primeira edición dos premios TR35 Spain, que na súa versión americana xa premiaron a novos talentos de Google, Microsoft e Facebook, entre outros, acaba de poñerse en marca.
Investigadores da Universidade Sungkyunkan en Seúl están a desenvolver un sistema que permitiría recargar as baterías dos teléfonos móbiles convertendo o son en electricidade. Os dispositivos recargarían a súa batería mentres os usuarios falan ou escoitan música.
Aínda que o concepto nos recorde ao guión dunha película de ciencia ficción, as cidades tamén poden ser intelixentes. E non se trata dunha profecía futurista, todo o contrario, pois xa é unha realidade con nome propio en Málaga. Trátase de Smartcity, un proxecto pioneiro no noso país liderado pola eléctrica Endesa que formula un novo modelo de xestión enerxética nas cidades baseado no desenvolvemento sustentable e a eficiencia da man das novas tecnoloxías e coa participación directa do cidadán.
Investigadores do MIT (Massachusetts Institute of Technology) desenvolveron unha tecnoloxía capaz de predicir o movemento dun terminal móbil co obxectivo de que este escolla a rede WiFi máis axeitada. O dispositivo seleccionará automaticamente a que ponderadamente sexa a mellor conexión, co fin de evitar a caída de Internet.
Intel anunciou a próxima produción comercial de 'microchips' cun novo deseño de transistores baseados na tecnoloxía 'Tri-Gate', a primeira que emprega unha estrutura en tres dimensións. Este novo deseño cristalizará nun novo procesador realizado en 22 nm baixo o nome en clave 'Ivy Bridge'.
Un grupo de investigadores do Departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) conseguiron deseñar un dispositivo que fai invisibles os obxectos a un determinado tipo de luz, e a ondas electromagnéticas de moi baixa frecuencia, facendo que o campo magnético sexa nulo no seu interior e deixándoo intacto no exterior.