A Oficina de Programas Internacionais (Opidi) da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia organiza unha xornada sobre programas de financiamento europeos no campo das TIC (Convocatorias FP7-ICT-2011 e ICT-PSP 2011), que terá lugar o próximo 5 de maio en Ferrol (Edificio CIS D&T).
Investigadores do Centro Tecnolóxico AIMEN e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveron un novidoso escáner que permite detectar posibles defectos no interior de calquera peza. Deste modo, poderase aplicar en sectores como o automóbil, a construción naval e mesmo na restauración de arte.
O Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) alíanse para desenvolver modelos que predigan episodios de contaminación por algas ou a distribución do 'stock' pesqueiro.
A Xunta destinará 1,6 millóns de euros á segunda edición do Programa de Xestores de Exportación, que pretende que 80 pequenas e medianas empresas (pemes) contraten profesionais formados neste ámbito para promover o seu acceso a novos mercados.
A Asociación Española de Bioempresas (Asebio) leva varios meses tratando de que o Goberno aprobe unha modificación dos incentivos fiscais á investigación, de modo que poidan cobralo de forma anticipada tamén as empresas en perdas e que invistan máis do 30% das súas vendas en I+D.
Unha investigación da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) que analiza a relación entre a I+D e as patentes estimou por primeira vez o papel que xogan as innovacións secretas e determinou que os efectos da I+D sobre as patentes non son non-lineais, dependen da calidade da patente, son dinámicos e teñen moita inercia.
Chegou a hora de primar a calidade na investigación. Esa é a premisa do programa Severo Ochoa que, tras ser anunciado hai catro anos, xa está listo para ver a luz, segundo anunciou a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia.
Un móbil que se dobra e se converte en reloxo ou unha tableta tan elástica como a goma. Así serán os aparatos do futuro grazas aos novos materiais que se cocen en laboratorios.
A preocupación pola saúde que caracteriza a sociedade actual levou á industria alimentaria -o maior sector industrial de España, con máis do 16% do total da produción- a lanzarse de cheo na investigación dese alimento que proporcione ao cidadán a posibilidade de eludir as enfermidades que tanto teme.
O FlyNano é único na súa especie. É un vehículo voador individual que pode alcanzar unha velocidade máxima de 140 quilómetros e grazas ao seu sorprendente peso de só 70 quilogramos, non necesita licenza para ser pilotado.
Se sentes curiosidade polas inquietudes científicas e innovadoras dos profesionais do futuro este xoves día 14 podes coñecelas de primeira man achegándote á xornada de portas abertas que os alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole celebran a partir das cinco da tarde.
O Parque Tecnolóxico de Galicia conta xa coa totalidade dos terreos que permitirán a súa ampliación. Unha realidade posible despois de que os procesos de compra e expropiación chegasen á súa fin. Mentres que a superficie actual do parque é de 550.000 metros cadrados, a superficie a maiores que se conseguirá coa mencionada ampliación sitúase nos 430.000.