O dispositivo iKinect, que permite controlar o ordenador cos nosos propios movementos sen necesidade de usar o rato e o teclado, foi o gañador absoluto da 'Galiciencia 2011', celebrada en Tecnópole entre o 23 e o 25 de novembro. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Martín Alvarez, Adrián González e Luis Rodríguez, do IES O Couto (Ourense), adaptaron a cámara da videoconsola Xbox para que permitise unha interacción total do usuario cos controis de calquera ordenador.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) participa como entidade promotora en Transfiere, o primeiro Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, que se celebrará o 8 e o 9 de febreiro de 2012 no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma).
Hospitais máis eficientes, que consuman menos enerxía, cun maior respecto polo medio ambiente, con menos camas e máis tecnoloxía e centrados no paciente. Así planean a Xunta e o Goberno que poderán ser os hospitais do futuro.
A Comisión Europea aprobou propoñer aos Estados membros un aumento de investimento en investigación, desenvolvemento, innovación e competitividade no período 2014-2020 ata alcanzar os 80.000 millóns de euros (no seu valor actual).
A Xunta incrementará un 37%, ata os 4,8 millóns de euros, os fondos do programa Innoempresa, destinado a fomentar a innovación nas pequenas e medianas empresas (pemes), segundo avanzou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.
O investimento en I+D estancouse no 1,39% do PIB, segundo o INE. Ese nivel logrouse polo maior investimento público que compensa a retirada de fondos das empresas, moi afectadas pola falta de financiamento.
O director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, participou no lanzamento do proxecto transnacional 'Eco-Innova, que ten por obxectivo a creación de ecosistemas empresariais mediante a innovación e favorecer a internacionalización das pemes dentro do marco ambiental.
O Ministerio de Ciencia e Innovación informou que España participará no Programa Iberoamericano de Innovación (PII), acordado na segunda reunión do Comité Intergobernamental Iberoamericano de Innovación, que reuniu en Brasil dirixentes de 12 países iberoamericanos.
As melloras tecnolóxicas poden reducir a demanda española de enerxía nun 40% a custos moi reducidos ou nulos, segundo as conclusións do informe anual de Economics for Energy, presentado na Comisión Nacional de Enerxía.
A visión dos superheroes das películas de ciencia ficción é unha realidade máis próxima despois de que un equipo de científicos deseñase unhas lentes de contacto nas que se poden proxectar imaxes coma se fose unha pantalla, segundo unha investigación publicada.
Aernnova busca a velocidade de cruceiro no negocio aeronáutico. A firma vasca está a desenvolver unha ala intelixente para o avión europeo do futuro, un proxecto auspiciado pola CE dentro do Consorcio Clean Sky e cuxos primeiros resultados se están a dar a coñecer estes días en Bruxelas.
A nova Telefónica Dixital ten previsto acelerar os seus investimentos en start-ups, unha estratexia destinada a fortalecer o seu ecosistema tecnolóxico. A empresa tamén prevé acelerar a contratación de desenvolvedor de software, o punto central do seu negocio.