España remata 2011 como líder mundial de enerxía termosolar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
España converteuse no primeiro país de mundo en potencia instalada de enerxía termosolar, con máis de 1.100 MW, algo máis do dobre que Estados Unidos, segundo mercado desta tecnoloxía renovable a escala mundial.
 
A decembro de 2011, España ten xa un 42% do seu potencial parque termosolar en funcionamento, cunha cota de enerxía instalada de 1.102,4 MW. Ningún outro país no mundo alcanza na actualidade unha aposta tan decidida pola produción termosolar. Nin sequera primeiras potencias económicas occidentais, como Alemaña (líder en desenvolvemento fotovoltaico), Francia (primeiro produtor de enerxía nuclear), Estados Unidos ou Italia. Nin tampouco países emerxentes que non se viron tan afectados pola crise, caso de India, Emiratos ou México.
 
A elevada cota de tecnoloxía renovable foi posible grazas á posta en funcionamento de seis novas centrais termosolares, todas elas situadas no sur de España (a comunidade autónoma de Andalucía), elevando así a 26 o número de centrais en funcionamento.
 
Estas cifras marca aínda teñen percorrido, xa que España ten permiso para crear 61 plantas máis, o que implica que hai en fase de construción outros 1.152 MW, que está previsto que vaian saíndo ao mercado ao longo dos próximos anos. Algunhas compañías españolas, como Abengoa, son responsables do desenvolvemento de distintas plantas en Estados Unidos, segundo datos publicados recentemente pola Asociación Española da Industria Solar Termoeléctrica.
 
(Fonte: Spain Technology)