España participa no 64% dos proxectos termosolares do mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As empresas españolas manteñen o liderado no sector termosolar. Participan na promoción ou construción de 2037 MW fóra de España, o que representa un 64% das iniciativas que se desenvolven no mundo.
A asociación empresarial española Protermosolar indica que o 82% da potencia instalada de enerxía termosolar acumulada no mundo leva a marca España. A patronal tamén afirma que as compañías españolas participan no 64% dos proxectos termosolares que se atopan en promoción ou construción, e en mercados estratéxicos como Estados Unidos, Suráfrica, Marrocos, Abu Dhabi, India, México, Chile ou Australia.

Se todas as iniciativas de construción de plantas termosolares no mundo suman 3163 MW, as empresas españolas participan na instalación de 2037 MW, todos eles fóra de España. O volume de actividade das centrais onde as corporacións españolas están presentes, rolda os 10.000 millóns de euros.

Os proxectos con 'marca España' promoven emprego e xeran riqueza en toda a cadea de subministración local. En España, por exemplo, cada central con almacenamento necesita un emprego equivalente de 2214 homes ao ano durante todas as súas fases, dende o deseño e a fabricación de equipos ata a súa instalación. O compoñente local de traballos intensificouse progresivamente e, na actualidade, un proxecto termosolar xera entre o 50% e o 80% das compras na cadea de subministración do país onde se desenvolve.

(Fonte: Spain Technology)