España inventa a capa da invisibilidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un grupo de investigadores do Departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) conseguiron deseñar un dispositivo que fai invisibles os obxectos a un determinado tipo de luz, e a ondas electromagnéticas de moi baixa frecuencia, facendo que o campo magnético sexa nulo no seu interior e deixándoo intacto no exterior.
 
Deste xeito, o dispositivo actúa, de forma teórica, como unha capa de invisibilidade que fai que o obxecto sexa completamente indetectable a estas ondas.
 
A investigación está baseada nunha idea inicial dos ingleses Ben Wood e John Pendry (considerado o pai dos metamateriais) e supón un paso adiante na carreira para conseguir sistemas que permitan alcanzar a invisibilidade ás frecuencias de luz visible. Hai que recordar que a luz visible non é máis que unha parte do espectro electromagnético, cun rango de lonxitudes de onda moi concreto. Os investigadores españois avanzan un paso máis na busca da invisibilidade definitiva.
 
A dificultade deste reto radicaba en que a luz visible posúe unha traxectoria nun medio que vén determinada polas súas propiedades eléctricas e magnéticas, e críase que estas tiñan uns valores que non se podían modificar e impedían a invisibilidade. Non obstante, a aparición destes metamateriais abre un campo novo para lograr o reto da invisibilidade pois exhiben propiedades baseadas na capacidade para desviar a luz sen absorbela nin  reflectila.
 
(Fonte: Spain Technology)