España impulsa unha nova tecnoloxía para fabricar pezas de plástico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O proxecto español EBIT (Extrusión - Blow Molding - Injection Molding Technology), liderado pola fundación privada ASCAMM, permitiu desenvolver unha tecnoloxía innovadora no campo da conformación de pezas de plástico.
 
A nova tecnoloxía integra tres procesos diferentes de transformación do plástico. Destínase á produción de pezas de xeometría complexa, cunha redución importante na duración do proceso de fabricación.
 
O proxecto EBIT inclúe a produción de pezas complexas de forma tubular e dirixidas ao sector de automoción (condutos para aire de aspiración do motor, condutos para climatización do vehículo, etc.)
 
Con este novo sistema de fabricación, o soprado do tubo e a inxección das pezas sobre a superficie do plástico realízase simultaneamente, dando lugar á peza rematada. A mellora no ritmo de produción, que se traduce nun custo por peza inferior ao que resulta noutros procesos, "compensa o aumento do investimento nos activos produtivos", segundo os seus responsables.
 
O proxecto EBIT tivo como participantes ás empresas catalás ABM Moldes, Mateo & Solé e Plastia, entre outras. Ademais, o consorcio desenvolveu un equipo piloto de fabricación situado nas instalacións de ASCAMM e novos conceptos de moldes mecatrónicos (moldes que cheguen a ser elementos intelixentes na cadea produtiva) adaptados ao proceso EBIT.
 
(Fonte: Spain Technology)