España, o décimo país da UE en competencia dixital

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

España sitúase no décimo posto da Unión Europea (UE) en desenvolvemento dixital, segundo o Índice de Economía e Sociedade Dixital europeo (DESI), e adianta aos grandes países dos Vinte e oito.

Segundo o índice, Dinamarca, Suecia, Finlandia e os Países Baixos obtiveron as posicións máis altas e atópanse entre os líderes mundiais en dixitalización, mentres Irlanda, Chipre e España son os que máis progresaron. Dende o primeiro informe que se realizou en 2014, España progresou seis postos e situouse por diante de Alemaña (14), Francia (18) e Italia (25) e por detrás do Reino Unido (7).

Cinco indicadores

O informe DESI recolle cinco indicadores sobre a capacidade e o progreso dixital dos 28 Estados membros.

España posiciónase no cuarto lugar do indicador de servizos públicos dixitais, con motivo do Plan de transformación dixital que levou a cabo a Administración. Nesta liña, España atópase no quinto posto do subindicador sobre usuarios de servizos de saúde pública e mantén o seu liderado no de datos abertos (opendata).

Respecto á integración da tecnoloxía dixital nas empresas, España pasou do posto 10 ao 7. Segundo un comunicado do ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, durante o 2017 incrementouse cerca dun 5% o total de empresas españolas que comezou a usar a tecnoloxía da nube (tecnoloxía cloud).

En 2018, o informe introduciu un novo subindicador en materia de conectividade que mide o despregamento da fibra óptica ata o fogar. Neste contexto, o 72% dos fogares españois ten acceso á fibra óptica, unha porcentaxe moi superior á media europea que se sitúa no 27%.

Ademais, a cobertura de telefonía móbil 4G creceu seis puntos dende o informe anterior.

España tamén conseguiu avanzar no indicador de capital humano, e chegou ao posto 14, preto da media europea. Non obstante, España atópase por debaixo da media europea en competencias dixitais básicas e na porcentaxe de especialistas TIC respecto ao emprego total.

O uso de internet con fins recreativos (vídeo baixo demanda, música e xogos) dos españois tamén se posiciona por enriba da media UE.

O Índice de Economía e Sociedade Dixital (DESI) 2018 mostra que a UE se está a volver máis dixital, pero que este progreso é insuficiente para que Europa alcance aos líderes mundiais e reduza as diferenzas entre os Estados membros.

(Fonte: ABC)