Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Trinta empresas innovadoras galegas presentarán en Tecnópole os resultados do seu paso pola aceleradora de internacionalización “Galicia Avanza” (15 de febreiro)

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta primeira edición, que está a piques de concluír, participan 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.

Galiciencia 2023 celebrarase en maio co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.

O Parque Tecnolóxico de Galicia organiza actividades para promover e popularizar as carreiras científicas e tecnolóxicas (Aula Newton)

“Que non veñan, que agora volvemos nós”. Así responden os alumnos do IES Ricardo Carvalho Calero cando se inicia o período de reservas para as actividades da Aula Newton, en Tecnópole. Alí estiveron o curso pasado, igual que moitos outros centros de Galicia, participando na actividade “Voando con números”, para a que Aula Newton conta con catro simuladores de voo. Así, os estudantes inícianse no mundo da aviación dunha forma totalmente inmersiva, simulando e aprendendo a resolver situacións de risco.

Alén Space (empresa integrada no programa “Galicia Avanza”), no consorcio español que desenvolverá a Constelación Atlántica

A viguesa Alén Space e outras tres empresas emerxentes do sector espacial -Elecnor Deimos, DHV Technology e Satlantis- aliáronse para presentar unha proposta conxunta encamiñada ao desenvolvemento dos oito satélites cos que España participará na futura Constelación Atlántica, unha misión conxunta con Portugal.

A galega Coinscrap (Tecnópole) achega aos clientes do Santander unha ferramenta para aforrar de xeito sinxelo

A firma tecnolóxica galega Coinscrap, que dá nome a unha aplicación que nos permite redondear as nosas compras con cartón de crédito ou débito pasando a diferenza entre a compra e o redondeo a unha conta de aforro, aliouse co Banco Santander para achegar aos clientes da financeira unha solución que lles permita aforrar da maneira máis sinxela, útil, eficiente e eficazmente posíbel.

XesGalicia apoiará o plan de crecemento de Aerocámaras

A Xunta de Galicia apoiará á empresa lalinense Aerocámaras para avanzar no seu plan de crecemento nacional e internacional, cun investimento comprometido até un tope de 850.000 euros. Este apoio realizarase a través de Sodiga Galicia, unha entidade que xestiona XesGalicia e dentro das actuacións do plan estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia.

Catro ideas de estudantes do campus logran apoio da UVigo para dar o salto ao mercado

Catro propostas emprendedoras ideadas por estudantes do campus de Ourense obtiveron apoio da Universidade de Vigo a través da convocatoria Incuvi, que ofrece formación e titoría para acelerar o proceso de saída ao mercado. Tres delas están aínda na súa fase incipiente e unha na de consolidación.

O Incibe destina 30 millóns a promover o emprendemento en ciberseguridade

O Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), entidade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanzou unha nova invitación pública, baixo o marco de Incibe Emprende, para o desenvolvemento de actuacións de emprendemento en ciberseguridade. Con ese obxectivo, promoverá iniciativas de impulso do emprendemento, con especial incidencia nas provincias e rexións menos desenvoltas empresarialmente no sector industrial da ciberseguridade.

A maioría das pemes galegas ten pendente a súa dixitalización

Os fondos Next Generation estableceron dous alicerces esenciais polos cales todas as empresas deben apostar. O primeiro, a sustentabilidade e a redución das emisións. O segundo, aínda máis transcendente para sobrevivir hoxe na economía global, o da dixitalización. Con todo, neste último, o reto está moi lonxe de superarse tanto en España como en Galicia. Porque a maioría de empresas pequenas ou medianas da comunidade, a pesar de estar a mellorar as súas actuacións neste sentido, aínda non están a encarar boa parte dos grandes procesos da dixitalización.

As tendencias do sector dixital

O sector dixital pechou 2022 cun balance moi positivo en materia laboral. Nun informe de ManPowerGroup especifícase que de cara a 2025 poden chegar a xurdir ata 97 millóns de postos de traballo novos en IA, economía verde e economía da atención en Europa pola “tendencia de transformación dixital en todos os sectores produtivos e a vontade dos organismos institucionais de dar un empuxón a estas profesións”.

Abre o prazo para participar na segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes "Galicia Avanza"

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación —a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)— e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) convocan a segunda edición de Galicia Avanza, un programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas no que poderán participar ata 30 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica.

Bodegas Corisca venderá no exterior o seu albariño ecolóxico grazas ao pulo de “Galicia Avanza”

Un total de 30 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade están a participar no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza”. Esta iniciativa púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).

Páxinas