A escasa oferta limita o avance da biometría en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Instituto Nacional de Tecnoloxías de Comunicación (Inteco), dependente do Ministerio de Industria, publicou un informe no que analiza o panorama das tecnoloxías biométricas, aquelas que utilizan as características físicas ou de comportamento das persoas para o seu recoñecemento.
 
Dende Inteco insístese nas vantaxes da identificación por pegada dactilar e do recoñecemento facial, do iris, a retina ou a xeometría da man como solución aos crecentes ataques informáticos convencionais. "Supón o salto tecnolóxico do que levo enriba ao quen son", subliñou durante a presentación Luis Carro, socio da consultora Deloitte, que realizou o estudo.
 
En canto ás limitacións da biometría, Pablo Pérez, de Inteco, destacou a pouca oferta de solucións integradas. "A pesar de que se trata dunha tecnoloxía madura, o mercado está aínda en desenvolvemento", engadiu. A actual situación económica tamén limita a súa implantación, ao que habería que engadir os temores á exposición pública deste tipo de datos. "Cando hai un fallo no recoñecemento de pegada dactilar, por exemplo, non se aprecia como un erro desa implantación concreta senón como un fallo de toda a tecnoloxía", especificou Pérez.
 
A privacidade é outro dos retos aos que debe enfrontarse esta tecnoloxía. Os trazos biométricos considéranse datos de carácter persoal e, como tales, a Lei orgánica de protección de datos considera como deben ser tratados. Este tipo de información está considerada "de protección básica" segundo a lei. "Non obstante, segundo os usuarios, é percibida como información moi sensible", destacan en Inteco.
 
O estudo mostra como caso destacado un proxecto español impulsado polo Ministerio do Interior. O sistema Automatic BorderCrossing (ABC) foi deseñado para o acceso rápido a fronteiras aeroportuarias. Consiste nun conxunto de quioscos nos que se verifica a identidade do pasaxeiro por medio do recoñecemento facial e de pegada dactilar para acabar cunha consulta de bases de datos policiais en busca de antecedentes ou documentos roubados.
 
(Fonte: Público)