Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Empresas españolas, apostade por tecnoloxía e innovación

Hai uns días a presidenta de Siemens España, Rosa García incidía na importancia para España de apostar pola tecnoloxía e a innovación nestes momentos de revolución en distintos sectores. Neste sentido, Rosa García indicaba hai uns meses que un sector que temos que fortalecer é a industria indicando que o seu peso debería ser polo menos o 20% do PIB nacional. O motivo é que nesta última crise económica se comprobou que os países con sectores industriais fortes eran os que saían antes da crise, como é o caso de Alemaña.

Tecnópole incorpora catro empresas especializadas en produtos e servizos innovadores e personalizados

Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de catro novas iniciativas de negocio especializadas en produtos e servizos personalizados, o que eleva a 86 o número total de entidades instaladas no recinto.

Ampliado ata o 27 de xaneiro o prazo de presentación de proxectos á Preincubadora de Tecnópole e Universidade de Vigo

O prazo de presentación de proxectos para a Preincubadora de ideas empresariais promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo amplíase ata o 27 de xaneiro.

Presentado en Tecnópole o selo de certificación de calidade de pellets e estelas producidos a partir de biomasa galega

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, anunciou en Tecnópole que Galicia Calidade certificará a orixe e calidade dos pellets e estelas producidos a partir da biomasa forestal galega. Así, e grazas á colaboración do CIS-Madeira, resaltou, a Comunidade contará cun selo que garantirá a trazabilidade e a calidade deste combustible feito en Galicia.

Egatel adxudícase un contrato para a extensión da TDT en Alxeria por 2 millóns de euros

O proxecto asignado pola TDA (TV pública alxeriana) á empresa Egatel, con sede en Tecnópole, consiste no subministro de 42 estacións de televisión dixital, transmisores e sistemas radiantes.

Transfire, o Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, regresa ao Palacio de Feiras e Congresos de Málaga

Transfire, o cuarto Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, regresa ao Palacio de Feiras e Congresos de Málaga co apoio de empresas de referencia nos campos da tecnoloxía e a innovación, como son Telefónica, Airbus Group e Clarke, Modet & Co. O evento celebrarase os días 11 e 12 de febreiro de 2015 e contará cun amplo programa de conferencias e mesas redondas onde medio centenar de expertos procedentes do ámbito público e privado, abordarán as tendencias e oportunidades en innovación desde a óptica do emprendemento, o papel dinamizador das plataformas tecnolóxicas e a internacionalización dos proxectos.

Mercadona presenta en Galicia unha plataforma de apoio ao emprendemento

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu o pasado venres a presentación do proxecto Lanzadera, unha iniciativa privada promovida polo propietario dos Supermercados Mercadona, Juan Roig, para axudar a que líderes emprendedores creen empresas eficientes, que acheguen valor e implanten un modelo empresarial sólido, baseado no traballo, o esforzo e o liderado.

A Secretaría de Estado de I+D+I lanza unha convocatoria para contratar mozos menores de 25 anos

A Secretaría de Estado de I+D+I destina 60 millóns de euros para a contratación de 1000 mozos menores de 25 anos. A través desta nova convocatoria trátase de fomentar a contratación laboral de persoal técnico e de xestión da I+D en universidades, organismos e entidades de investigación do sector público.

Fabrican roupa súper-illante para substituír á calefacción doméstica

Un equipo de científicos da Universidade de Stanford desenvolveu unha roupa súper-illante a través da inmersión das prendas nunha solución de nanocables de prata (AgNW). Isto permite ao usuario estar tan quente en inverno que pode reducir en gran medida, ou incluso eliminar, a necesidade de calefacción nas casas.

Bill Gates financiará unha máquina que transforma refugallos humanos en auga potable

O fundador de Microsoft, Bill Gates, anunciou no seu blog que a súa fundación financiará unha máquina que transforma refugallos humanos en auga potable e electricidade. Nun vídeo no que explica o funcionamento do aparato, chamado Janicki Omniprocessor, aparece el mesmo bebendo un vaso de auga que minutos antes eran feces humanas.

Proban en Xapón unha granxa cen veces máis produtiva que os métodos tradicionais

Vivimos nun mundo onde os recursos empezan a presentar unha problemática global. Cunha poboación actual estimada en 7000 millóns de persoas, a agricultura máis tradicional empeza a quedarse curta para abastecer o mundo enteiro, e a técnica e tecnoloxía existentes xogan un papel fundamental. É o caso dunha granxa que se probou en Xapón e que é cen veces máis produtiva que os métodos tradicionais.

¿De onde e quen serán os emprendedores que predominen no futuro?

Nos últimos anos o concepto do "intraemprendedor" estase instalando nas grandes firmas do noso país, e veu para quedar. Polo menos así o revela o último estudo levado a cabo pola escola de negocios "Spain Business School (SBS)", onde se sinalou que o 40% do emprendemento nos próximos anos virá da man dos intraemprendedores.

Páxinas