A eólica xera xa o 47% da demanda eléctrica en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tras unha década de parálise, a enerxía eólica volveu despegar o ano pasado ao compás da construción de 18 novos parques. A Comunidade xerou 8.698 xigavatios/hora que darían para cubrir o 47% de toda a demanda eléctrica galega. A porcentaxe chega ao 88,5% se se suman o resto de fontes renovables.

A Asociación Eólica de Galicia (EGA) presentou o informe “Impacto Económico e Social do Sector Eólico en Galicia” que fotografa a un sector que ocupa a 4.886 persoas de forma directa e xera outros 2.136 empregos indirectos. Galicia é a terceira comunidade de España en potencia instalada, 3.788 megawatts tras sumar 416 o ano pasado. Pero ascende ao segundo posto se se analiza a xeración de electricidade, grazas a que os muíños de vento poden permanecer operativos máis horas.

Aínda que durante 2020 o sector volverá frearse por culpa da pandemia do coronavirus, o presidente de EGA, Manuel Pazo, confiou en que durante os próximos exercicios se retomará a expansión. A transición enerxética «é un dos obxectivos prioritarios da Comunidade Europea», lembrou Pazo, quen opinou que a actual «crise vai acelerar esta transición».

Aínda que se trata dunha tecnoloxía aínda pouco desenvolta, o presidente de EGA vaticinou que o futuro pasará tamén polo despregamento da eólica mariña. Neste apartado, destacou a posición da industria galega, que se atopa xa ben situada grazas á construción de jackets en Navantia.

Fonte: ABC